22 de febreiro de 2016

CD LUGO 1-2 Leganés

Fotos da previa e da bancada






16 de febreiro de 2016

CANDELORIA E CD LUGO-LEGANÉS (+ NOVAS CAMISOLAS)

Chegan días de festa á cidade a través do festival A Candeloria, evento de raíz galega e popular con música en galego e reivindicativa, alén doutros grupos do ámbito estatal que supoñen unha alternativa ao novo modelo musical sen mensaxe e sen motivación que se está a impór na sociedade, nomeadamente entre a xente máis nova.
Animamos a tod@s a asistirdes!

Como colectivo tamén queremos participar deste festival polo que acudiremos colocando un posto de material no recinto durante as dúas xornadas de concertos e na xornada do sábado xuntando a nosa previa cos Cantos de Taberna  a partir das 15:00 nos bares da Calzada, aproveitando así para ir creando ambiente para despois animarmos os 90 minutos no Fondo Norte, a partir das 18:00 no Lugo-Leganés.

Aproveitamos tamén para anunciar que xa están dispoñíbeis as novas camisolas do XV aniversario de Brigadas, que se poderán adquirir polo prezo de 10 € en dito posto.



SOMOS A TÚA VOZ! FORZA LUGO!


8 de febreiro de 2016

CD LUGO - Mirandés

Imaxes do partido de onte feitas e cedidas por Lugoslavia



24 de xaneiro de 2016

CD LUGO 2-2 Oviedo

Imaxes da bancada durante o partido (cedidas por Lugoslavia) e da barrilada/previa.
Forza Lugo!










21 de xaneiro de 2016

SORTEO DO XV ANIVERSARIO DE BRIGADAS LUCENSES

Seguimos celebrando o aniversario de B*L .

Alén doutras actividades que se farán lanzamos o sorteo dunha camisola do Lugo (versión da cervexa) asinada por todo o plantel do CD Lugo desta segunda volta da tempada 2015-16, así como un lote do material conmemorativo do XV aniversario que se irá facendo ao longo do que resta de tempada. Xa están dispoñíbeis as rifas que se poderán adquirir desde o sábado 23 na barrilada, na nosa bancada nos descansos dos partidos como locais ou nas previas dos mesmos.
O prezo de cada rifa é de só 1 €





Deixamos a continuación unhas pequenas "bases" do procedemento que se seguirá para escoller gañador/a:

-Como pon nas rifas, o número gañador será o que coincida coas tres últimas cifras do número premiado do sorteo da ONCE do día 20-5-2016 (sexta feira), que será publicado nas nosas redes sociais así que acabe o sorteo

-Editáronse rifas que abranguen dende o número 000 até o 999

-A persoa que teña o número premiado terá un prazo de 7 DÍAS para pórse en contacto con nós a través do e-mail ou redes sociais para podermos entregarlle o premio

-Se o día 27 de maio ás 23:59 non recibimos novas da persoa gañadora, o premio será para a persoa  que máis se achegue ao número premiado (sen superar a cifra), que terá outro prazo de 7 DÍAS para pórse en contacto con nós a través do e-mail ou das redes sociais e entregarlle o lote de premios.

-No caso de que non se distribúan todas as rifas editadas, o procedemento para escoller gañador será o mesmo que o exposto no punto de arriba (o número que máis se achegue sen pasarse) e disporán tamén dunha semana de prazo para reclamar o premio

Recomendamos que as persoas que adquiran participacións no sorteo estexan atentas eses días ás nosas redes para saberen o número premiado.

Agardamos a vosa participación no sorteo. Moita sorte aos participantes e FORZA LUGO!

18 de xaneiro de 2016

BARRILADA POPULAR

Este ano Brigadas Lucenses fai XV anos no fondo norte do Anxo Carro.
Para comezarmos a celebralo, o SÁBADO 23 DE XANEIRO faráse unha barrilada na Cervexaría O Garçon polo prezo de 5€ (barra libre de cervexa + petiscos)
ACHEGÁDEVOS!
Forza Lugo!