27 de febreiro de 2009

BRIGADAS LUCENSES QUERE SABER FACER OS SOCIOS DO CD LUGO...



Brigadas quere compartir cos socios do CD Lugo a súa preocupación pola alarmante situación que padece o Clube como institución. A continuación queremos relata-los feitos que nos preocupan para compartilos con todos os socios e afeccionados do C.D.Lugo:
1) O Presidente Bouso é a única persona de relevancia que continúa no Clube despois de que a directiva que colleu ó Lugo tra-lo descenso a terceira decidise non continuar no verán de 2008.
2)O Presidente Bouso dera a súa palabra de deixa-lo clube, xuntamente cos membros da primeira directiva (cuxo elemento máis destacado foi Daniel Lombardero), para dar paso a outras persoas, unha vez saneado o clube.
3) Lonxe de cumpri-la súa palabra, Bouso decidiu enrocarse no posto ligando o seu futuro ó do Director Deportivo, Carlos Mouriz, desoíndo os consellos dos directivos que o apoiaran ata entón e provocando o seu enfado.
4) O pasado verán, o xornalista de El Progreso Manuel Cordido comezou unha campaña de captación de apoios á candidatura Bouso-Mouriz co fin de axudar a estes a continuar nos seus postos. Esta campaña foi levada a termo personalmete polo propio Cordido, como así o atestemuñan moitos socios, entre eles membros de Brigadas. Só este feito dá a entender o comportamento inmoral e manipulador deste individuo. Cordido desprestixiou desde as páxinas de El Progreso unha posible candidatura alternativa cun descaro impropio dun profesional do xornalismo, que ten a obriga de ser neutral en todo momento. Ás hemerotecas nos remitimos. Cómpre recordar que Bouso e a súa Directiva están onde están polo apoio dos socios e Brigadas.
5) Finalmente, a candidatura Bouso-Mouriz, apoiada con total descaro por Cordido dende El Progreso, consigue aferrarse ó poder co apoio dunha serie de novos directivos que, como se ven de demostrar estes días, avalaron ó Clube co seu patrimonio personal.
6) Unha vez reafirmado no seu posto, Mouriz comeza unha "limpia" na plantilla na que otorga un alto número de baixas a xogadores que tiñan o agarimo e a admiración da afección. A tal efecto, Mouriz utiliza uns métodos carentes de toda diplomacia e calidade humana: moitos xogadores entéranse da súa baixa por terceiros ou están pendentes de recibir unha chamada para a súa renovación que nunca chega. Entre eles lembramos a Ciani, Pablo Rodríguez ou Dani Carril.
7) É evidente que estes movementos provocan certos síntomas de alarma por parte dos directivos entrantes. A medida que comeza a temporada, van aparecendo supostas dimisións por cuestións profesionais dos diferentes directivos que APOIAN ó Lugo económicamente. Hai que lamentar que El Progreso non se preocupou nunca de investiga-las verdadeiras causas desas dimisións. Afortunadamente, La Voz destapou recientemente que TODOS os directivos novos cos que se rodeara Bouso viñan de dimitir por incompatibilidade con Mouriz.
8) É unha realidade que a causa de dimisión destes directivos foi a negativa por parte de Mouriz a renderlles contas. Contas sobre como foi gastado o seu propio diñeiro, ou aspectos como o do famoso autobús que o Director Deportivo fletou para que os xogadores votaran nunhas eleccións en Coruña (a víspera de xogar en San Sebastián) nas que só Carlos Mouriz tiña interese. Mouriz enrócase con Bouso e entre os dous botan fóra a estes directivos. A situación económica do Clube queda agora en precario, xa que os directivos saíntes teñen dereito a levar con eles os seus avais. Aínda así, invitamos ós directivos saíntes a explicarlle ó socio os motivos da súa saída e como queda a situación económica do Lugo.
9) A partires desta situación, Bouso e Mouriz, apoiados por Cordido, comezan unha campaña de difamación contra todos os que amosamos a nosa alarma pola grave situación institucional do clube. Facendo uso das máis lamentables estratexias manipuladors, Cordido adícase a acusar ós que opinamos diferente á liña oficial do Clube de desestabilizar á Sociedade. Chegamos a ser acusados de non querer celebrar os goles do Lugo polo feito de ter sacado pancartas (25 minutos antes do gol do último partido) pedindo a dimisión de Bouso e Mouriz.
10) Tras as faltas de respeto, primeiro por parte de Cordido, chamando “mala afición” aos siareiros desprazados a Ponferrada, e do adestrador do C.D.Lugo, Fonsi Valverde, calificando de “ultras” a todos aqueles socios do C.D.Lugo que pediron a súa dimisión, por parte de algúns xogadores da plantilla, Brigadas detecta un lamentable desprecio cara a nós tanto na casa como nos desprazamentos. No penúltimo encontro na casa, a maioría dos xogadores dedicáronlle un gol ó palco despreciando a quen os ten apoiado de maneira fiel durante longos anos.
11) Brigadas quere subliñar que non consentirá ningún tipo de burdo intento de censura por parte de ningún medio de comunicación ou o propio Clube. Queremos informar a tódolos afeccionados desta lamentable realide para que eles xuzguen o que crean oportuno. É patético que pola censura dun medio a gran mayoría dos socios do CD Lugo non teña coñecemento do perigo ó que está sometido a entidade. E como grupo de apoio ó CD Lugo queremos emprazar a todos os simpatizantes e socios a esixirlle á directiva transparencia e respeto ás opinións contrarias. O Lugo somos todos, non unhas cantas personas que se queren apropiar da Entidade. Nada desexaríamos máis que a Directiva actual concentrase os seus esforzos en informar ós socios con transparencia e eficacia sobre a viavilidade económica do Clube. Non é posible acadar éxitos deportivos sen unha paz social no Lugo. E a Directiva ten a obriga de facer unha análise seria sobre que é o que provocou que agora se atope cada vez máis aillada e cun gran número de afeccionados na súa contra. Polo ben de todos, pedímoslle a esta Directiva que recapacite e abandone o mando do clube a favor de caras novas que amosen unha ilusión e un respeto por quen sostemos ó Clube Deportivo Lugo.

FORZA LUGO! BOUSO DIMISIÓN! MOURIZ DIMISIÓN! CORDIDO, BASTA DE MANIPULACIÓNS!