27 de abril de 2009

LUGO 4-0 RACING B

Partido da 36 xornada de liga disputado no estadio Anxo Carro entre o Lugo e o Racing.
Vitoria fácil para o Lugo que se coloca como 8 na clasificación ligueira a 4 puntos da fase de ascenso cando faltan por disputar tan so 6 puntos. Dado que é case imposible meterse na fase de ascenso (o Lugo tería que gañar os dous partidos que quedan e Ferrol, Lemona e Zamora perdelos seus) so queda esperar meterse en postos de copa que inda asi non xustificarian esta fatal temporada do Lugo.

25 de abril de 2009

MANIFESTACIÓN ANTIFASCISTA 2 DE MAIO



Texto do cartaz:



O sábado 2 de Maio un grupúsculo fascista de dubidosa existencia chamado “Batallon Lucense” pretende levar a cabo un concerto ás aforas de Lugo. Para iso pretende contar coa presenza de grupos como Dramattic Battle, Guarda da Ferra e Invictos. Estes amosan unha clara apoloxía ó fascismo, á xenofobia e ó racismo en gran parte das súas letras, e os seus concertos son usados como punto de partida para actos violentos que logo se producen nas propias ciudades dos concertos. Estes núcleos extremistas usan calquera excusa para sair á rúa ou para organizar este tipo de eventos xa que se atopan amparados pola lei e polas institucións estatais que fan caso omiso das denuncias que os antifascistas fan cada vez que isto pasa. Dende aquí chamamos á tódolos veciños e habitantes de Lugo que acudan á concentración para denunciar activamente o noso rexeitamento fronte este tipo de actos retrogrados e humillantes para todas aquelas familias que perderon a algún
membro, vítima do fascismo.




TODOS Á RÚA CONTRA O FASCISMO!
NON PASARÁN!

ACUDE E DIFUNDE

I XORNADA ANTIFASCISTA EN LUGO




Como publicabamos nun post anterior, xs antifascistas de Lugo vamos a realizar unha xornada este vindeiro 2 de Maio, como resposta á posible celebración dun concerto de corte fascista preto da nosa cidade, para máis información é preciso ollar nun post anterior o cartaz onde aparece publicitado o susodito concerto. A información foi colada en certas partes da nosa cidade, dex eito estratéxico preto de onde parte da militancia antifascista ten a súa residencia. Non sabemos cal é a intención verdadeira desta iniciativa, pero dende logo os organizadores desta cita conseguiron que o movemento lugues de resposta social tomara cartas no asunto. É por iso que realizamos esta xornada cos medios que temos ó noso alcance, debemos ser realistas pero á vez sonhadores cun proxecto que bota a andar con máis forzas que nunca.

A continuación voltamos por o cartaz das Xornadas adxuntando o da Concentración, completando a información ó respecto:

As xornadas comezaran a partires das 17:30 así que quen queira poderá pasarse a partir desa hora polo C.S Madia Leva. Lembrade que está situado na Rúa Amor Meilán (Antiga Rúa do Sol) no entrechán do nº18.

PROGRAMA:

-Charla-Coloquio: "O Antifascismo en Lugo: Presente, pasado e futuro dunha loita social"


Intervirán:

*Membro do CAOP (Colectivo Antifascista O Piloto)[Antigo colectivo antifascista lugués]
*Membro de BAF Lugo

Logo haberá un coloquio sobre as diferentes cuestións que se poidan tratar durante as ponhencias.

- Proxección do Documentario:
"Carlos un ano sen ti, un ano contigo"

Documentario de pouco máis dunha hora que narra as accións en lembranza de Carlos Palomino, companheiro antifascista asasinado por un elemento militar de Democracia Nacional. Así mesmo proxectaránse algún que outro pequeno documento realacionado co mesmo tema.

- Pinchada de música

A cargo dalgún dos nosos companheiros poráse música de diferentes estilos para amenizar un pedazo. Isto terá lugar no propio centro social onde tamén haberá bebida e pestiscos para os asistentes.

20 de abril de 2009

CAMISOLAS





Dispoñibles camisolas de Baf Lugo (por diante parte Baf Lugo, por tras "Nom somos violentxs, somxs divertidos" e de Brigadas Lucenses, co escudo na parte dianteira da camisola.

Para calquer pedido enviade un correo a: lugh1917@gmail.com

FABRIL 2-3 CD LUGO

Partido correspondente a xornada 35 de Segunda División B disputado na tarde de onte, nas instalacións de Abegondo, entre o Fabril e o Lugo.
Resultado de 3 goles a 2 en favor do equipo visitante, o CD Lugo, destacar o gran encontro que tivo o xogador de Verin, Xaime Noguerol que conseguiu 2 tantos.
Este partodo deixa ó Lugo a 5 puntos da promoción de ascenso a falta de 3 partidos por xogar (9 puntos), é case imposibel que fallen todolos de arriba e que o Lugo gane o que queda pero mentras teñamos opcións seguiremos espectantes. Moitos nos preguntamos onde estariamos agora cun entrenador axeitado para a segunda b.

14 de abril de 2009

CD LUGO 2-1 PONTEVEDRA CF

Vitoria do CD Lugo por 2 goles a 0 na tarde do domingo pasado ante o Pontevedra CF.
O partido solucionouse na segunda parte cando en 10 minutos conseguimos o 2-0, máis tarde chegaría o gol do Pontevedra no que quedaría o 2-1 final no marcador.
Con esta vitoria o Lugo queda con 46 puntos na táboa clasificatoria acercandonos asi a permanencia.
Pola nosa banda non se animou nos 30 primeiros min. por protestas contra a represión policial e as mentiras difundidas contra nós polo periodista local M.Cordido Neses 30 primeiros sacouse unha faixa coa lenda "Cordido, fartos de mentiras" e outra que estivo pendurada durante todo o partido coa lenda A.C.A.B.

7 de abril de 2009

Celta B 0-0 CD Lugo

Empate sen goles en Barreiro, nun partido aburrido no que houbo numerosos erros por parte dos dous equipos. O partido resultou bastante igualado, malia que o Celta puido quedarse cos 3 puntos.
O Lugo segue sen concretar a salvación e quédase a 5 puntos da promoción de descenso a espera de recibir a próxima xornada o Pontevedra.

4 de abril de 2009

BASTA XA DE REPRESIÓN POLICIAL!


A actuación e o despregue pseudomilitar que organizaron as forzas de seguridade fixo que os medios se fixeran eco do feito, reinterpretando os acontecementos do mellor xeito que saben, fiándose de versións oficialistas e manipulando punto por punto a realidade evidente.

Dende as élites xudiciais co fin de establecer unha represión efectiva sobre os catro afecionad@s deicidiuse tomar unha sanción desmesurada e inapropiada que de seguro non aplicarían se foran outros os sancionados. O Estado e a súa maquinaria autoritaria sempre tentan levar a cabo as súas medidas contra aqueles que tenhen menos posibilidade para defenderse. Así o Comité Antiviolencia, institución hipócrita e partidista, dispuxo que os catro sancionados non poidan volver a entrar a animar o seu equipo e así mesmo impúxolles multas de 3500 euros a cada un e mailo impedimento de entrar ó estadio durante 6 meses.

Agora dende aquí preguntámonos porque a nós si e ó resto non, porque se sigue aplicando as medidas ós mesmos mentres ós outros campan as súas anchas polos terreos de xogo amosando emblemas fascistas e entoando cantos racistas como sucede cada domingo en moitos lugares do Estado Español, onde está ahí a Comisión Antiviolencia? onde está aí a Comisión contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte? Que quere dicir para este último todas esas palabras que aparecen no seu nome?

Dende aquí só queda amosar a nosa firme condea perante estes feitos, e mobilizar á toda a sociedade antifascista a que denuncie o radicalismo das forzas policiais e que non abandoe a loita, tan só dese xeito calquera agresión poderá ter unha firme resposta.

FÓRA AS FORZAS DE REPRESIVAS!!!
SOLIDARIEDADE C@S SANCIONAD@S!!!

HINO ACCIÓN GALEGA


Poema de Ramón Cabanillas que representou ó hino de todo o nacionalismo galego da época versionado musicalmente por Xerardo Moscoso, Miro Casabella e Xenreira.

¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!
¡Dende Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre
conveira de canalla,
á Aldea que traballa
disposta pra loitar.

Antes de ser escravos
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
dende a montana ó mar.

¡Ergamonos sin medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo siñorial!

Xa o fato de caciques,
Iadróns i erexes, fuxe
ó redentor empuxe
da ialma nacional.

Antes de ser escravos
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
dende a montana ó mar.