25 de maio de 2009

NON O PECHE DE PASCUAL, NON O ERE


A continuación transcribimos o comunicado de prensa feito público pola CIG na comarca de Lugo:

A Confederación Intersindical Galega, ante as noticias da solicitude de peche da súa factoría en Outeiro de Rei da empresa Leche Pascual S.A., quere manifestar o seguinte:

1. Que resulta totalmente intolerábel que unha empresa que estivo a ter beneficios multimillonarios durante os últimos anos peche o seu centro de traballo sen máis, deixando na rúa a 155 traballadores e a varios centos de produtores de leite sen ter quen lles recolla o seu produto.

2. Que esta medida resulta aínda máis intolerábel cando se constata que este peche só afecta ao 100% dos traballadores en Galiza, mentres se incrementa persoal noutras comunidades e tan só se regula o 7% dos traballadores da factoría de Aranda del Duero. Pensamos que isto está perfectamente planificado para que a decisión sobre a extinción dos contratos se leve a Madrid e non se tome no noso País.

3. Que dende a CIG nos poñemos a disposición de todos os traballadores e traballadoras para o seu asesoramento e nos dispoñemos a defender os intereses da nosa afiliación, así como os dos traballadores e traballadoras que o soliciten, con todos os recursos á nosa disposición.

4. Que esiximos á Xunta de Galiza, así como ao propio Concello de Outeiro de Rei que tome todas as medidas oportunas para evitar esta desfeita, impedindo a marcha desta empresa do Concello de Outeiro de Rei.

5. Que a tal efecto, hoxe mesmo cursamos escritos á delegada provincial da Xunta de Galiza en Lugo e ao propio alcalde de Outeiro de Rei solicitando con urxencia as entrevistas oportunas.

6. Tamén, ao efecto de dotarnos da máxima información, nos diriximos hoxe mesmo ás consellarías afectadas (Medio Rural, Industria e Traballo) solicitando información sobre todas as axudas e subvencións que esta empresa leva recibido da Xunta nos últimos anos, das cales temos constancia que foron moi importantes.

7.Que o peche dunha empresa desta importancia ten consecuencias moi graves, ademais de para os propios traballadores, para a comarca e para a propia provincia, co cal, dende este mesmo momento nos poñemos a traballar nunha campaña de concienciación e mobilización social na comarca para tratar de evitar o peche da empresa e a continuidade da súa actividade.

Xosé Ferreiro Fernández, Secretario Comarcal da CIG Lugo

Christian López Carmona, Secretario Comarcal da FGAMT Lugo


12 de maio de 2009

CD LUGO 4-0 MARINO LLUANCO

Partido correspondente a 38 xornada de 2 división B disputado na tarde do domingo, no estadio Anxo Carro ante 1500 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polas dúas xogadoras do Emevé falecidas nun accidente de autobús en Lavacolla cando chegaban de disputar o Campeonato de España de volleyball.
O Lugo despide a tempada con un 4-0 ante un frouxo Marino que leva xornadas descendido a terceira división.
Resaltar a pouca profesionalidade de Fonsi Valverde deixando no banco ata ben entrada a segunda parte aos que non poideron disfrutar de minutos durante toda a tempada.
O máis destacable do encontro foron as oportunidades a Alex Bao, López e Dapo (debutante na categoría) que transformaba un penalty e poñia o 4-0 no marcador mentres era aclamado por toda a afección.
Indiferencia total por parte da afección na despedida de Fonsi Valverde como entrenador do CD Lugo que marchou sen pena nen gloria, inda asi dende aqui desexarlle sorte a Fonsi de cara ao futuro.
Pola nosa banda sacouse no minuto de silencio 1 faixa coa lenda "Aida, Iris D.E.P." e animación case nula durante todo o encontro, a xente por primeira vez desexaba que se acabara dunha vez esta nefasta tempada.

4 de maio de 2009

SPORTING XIXON "B" 2-1 CD LUGO


Encontro correspondente a 37 xornada de segunda división b no grupo 1.
Con esta derrota o Lugo da por concluida esta nefasta tempada a falta dunha xornada que o único que se poderia facer seria meterse nos postos de copa.