25 de xuño de 2009

O PXOM de Lugo permite a recualificación de 500 mil metros cadrados na zona do campo de golf




O PXOM lucense foi aprobado en pleno polo Concello de Lugo o pasado 23 de xaneiro, cos votos a favor de PSOE e PP e coa oposición do BNG. Onde incluía a a recualificación de 500 mil metros cadrados, a maior parte poboados por carballeiras, nas inmediacións do campo de golf.
Esquerda Unida pediu a pasada semana á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a súa correción.

Beneficiarios
Se Medio Ambiente acepta pasar o PXOM tal e como foi aprobado por socialistas e populares, dous grupos sairían fondamente beneficiados: por unha banda, os propietarios das fincas, que aumentarían de xeito exponencial o valor das súas propiedades -dende EU apúntase que xa está proxectada unha urbanización de chalés e un hotel de luxo; e polo outro, os membros do Club de Golf con participación económica, que verían incrementar o valor venal do seu capital na sociedade.
Encontramonos ante un pelotazo en toda regla por parte do Sr. Orozco e apoiado polo grupo local do PP. Non debemos permitir que a nosa cidade sexa fruto de este tipo de actos especulativos onde queren arrasar coas carballeiras que é un dos maiores símbolos do patrimonio galego.
OROZCO ESPECULADOR!!!
PP, P$OE O MESMO CAN CON DISTINTO COLAR!!!
SACHEMOS OS CAMPOS DE GOLF!!!



18 de xuño de 2009

CONCENTRACION CONTRA AS TOURADAS

28 de Xuño en Outarela (Sarria) às 16h00

Despois de dous anos sen touradas, vários empresários de hotelaria da vila, teiman con traer de novo a sua "festa nacional" . As touradas son unha lamentábel exaltación da violencia, da tortura e da morte de animais. As festas populares do san Xoan terán que conviver nas rúas con esta triste apoloxía da barbárie.

Desde logo que nestes dous anos ninguén en Sarria botou en falta as touradas. Un grupo de colectivos e persoas decidimos comezar a loita para que as touradas pasen a ser un mal recordo do pasado máis escuro desta vila.Como ecoloxistas comprometid@s coa defensa dos animais, denunciamos o trato cruel e inumano que os touros receben no transcurso desta mal-chamada festa. Durante o percurso da mesma, o touro é desgarrado, mutilado, torturado de diversas formas e asasinado tentando facer pasar como valentia a crueldade e a violencia contra os animais, num alarde de cinismo hipócrita.Opomo-nos radicalmente a esta festa por estar indisolubelmente ligada ao fascismo . Se ben é evidente que non naceu co golpe de estado do 36, lembremos como é que era chamada durante a Ditadura franquista: “La Fiesta Nacional”. Segue a ser o ponto de encontro da direita españolista, a sua festa estrela do ano, com todos os matizes que se queiran.Constitui umha “festa” alheia a nosa cultura. Pese os innumerabeis intentos por introducir as touradas como parte da imposición da cultura española, tan só existe unha praza no noso país, propiedade dunha empresa madrileña. A populación galega declára-se nun 80% alleia ás touradas , tal e como amostran as enquisas, e o fracaso continuado das touradas itinerantes no último século evidencia a total oposición a esta apoloxia do martírio animal.As touradas som unha festa marcadamente machista, como se pode analisar na figura do toureiro (no 99% dos casos sempre home), quen sai teoricamente a demonstrar o seu valor ante un animal moi perigoso, apresentando-se como o cúmio da gallardia e da chularia, como o epítome do macho ibérico. Por suposto, a plataforma non defende a igualdade de sexos a hora de protagonizar esta festa macabra, mas a sua completa erradicación.

10 de xuño de 2009

QUIQUE SETIÉN, NOVO ADESTRADOR DO CD LUGO

O cántabro Quique Setién será o próximo adestrador do Clube Deportivo Lugo para a vindeira tempada.
Máis coñecido como futbolista que como adestrador, xogou no Racing de Santander e no Atlético de Madrid. Como adestrador Quique Setién estivo no Rácing de Santander, onde acadou o ascenso a primeira división; no Polideportivo Ejido e no Logroñés, de estes dous equipos foi destituido.
Dende aqui desexarlle moita sorte a Quique co que esperamos acadar o tan ansiado play-off de ascenso e como decian os siareiros do Racing "nen Stoichkhov nen Pelé, QUIQUE SETIEN!!!"

LECHE PASCUAL PECHA HOXE A FÁBRICA DE LUGO , DESPEDINDO A TODO O PERSOAL.


NON RECOLLERÁN MÁIS LEITE EN GALIZA.

NINGUÉN DEBE COMPRAR MÁIS LEITE PASCUAL NIN PRODUTOS PASCUAL.
QUE OS VENDAN EN FRANCIA E EN BRUXELAS.

6 de xuño de 2009

AS VACAS TOLAS

Xa pasaron anos daquelas noticias das vacas tolas, tamén da censura na ditadura franquista, pero ámbalas dúas foron postas de actualidade pola directora da TVG. Un documental que se ía a publicar pasado mércores, 03.06.2009, foi censurado e prohibida a súa emisión; no seu canto emitirase unha película de vaqueiros. Algo de relación hai; de vacas vai a cousa. O documental non deixaba en bo lugar o PP de G, e lastraba a imaxe do futuro imperio hacia Deus do Presidente da Xunta. Un aturuxo pola defunta liberdade de expresión que nos agarda baixo a guía do PP de G de Feijo; namentres a oposición, nin se lle ve, nin se lle agarda.











1 de xuño de 2009

NORABOA COMPOSTELA




Norabo a todol@s siareir@s da SD Compostela que conseguiu o ascenso a segunda b, tras unha fabulosa tempada, superando no dia de onte ó Monzón.