
Depois de máis de dous meses sen conseguela vitoria, situámonos no noveno posto a 7 puntos da tan ansiada promoción que pouco a pouco se foi afastando de nos. Neste domingo comeza o tramo final da liga, quedan oito partidos por desputar e 24 puntos. Non podemos abandoar o reto de meternos na promoción e debemos loitar por ela ata o final, porque depois de dezaoito anos esta cidade merece unha fase de ascenso a segunda división. No Anxo Carro foi onde máis derrotas tivemos na tempado e por iso neste último tramo o Anxo Carro ten que ser un fortín. Para isto necesitamos a toda a afección apoiando dende o minuto 1 ata o final. Este domingo témola derradeira oportunidade, se este ano queremos facer algo temos que aproveitala e encadear ben este último tramo de liga. Pola nosa parte darémolo todo polo noso clube mais necesitámosvos a TODOS. Levantarémola moral do equipo porque queremos voltar ver un equipo que se deixa os collós no campo que é o que fai falla.
CD LUGO SOMOS TODOS!!!!!
FORZA LUGO CON COLLÓNS!!!!!
FORZA LUGO CON COLLÓNS!!!!!