24 de xullo de 2012

AS PONTES ON TOUR


AS PONTES 0 - 2 CD LUGO

O lugo saiu  de inicio con: Diego Rivas; Fran Pérez, Álvaro, Ziko, Víctor Marco, Seoane, Berodia, Adil, Tonetto, Rubén Durán y Fran Sol. Tamen xogaron: Yoel, Alberto Suárez, Pita, Mauro Quiroga, Manu, Belfortti, Pablo Álvarez, Juan Pérez, Santi, Raúl Fuster e Iago Díaz.
Goles: 0-1, min. 44: Berodia. 0-2, min. 59: Santi.

20 de xullo de 2012

RAÚL FUSTER NOVA INCORPORACION

O C.D.Lugo incorpora a Raúl Fuster,un lateral esquerdo procedente do Tarragona.
 Nacido en Elche,no barrio de Toscar.Formado nas categorias inferiores do Elche C.F
 No 2006 foi cedido ao Villajoyosa que militaba na segunda división B,tras unha boa temporada foi recuperado para a primeira plantilla do elche,chegando a debutar don David Vidal.Depois de 3 temporadas no Elche no 2010 firmou por duas temporadas co Clube Gimnastica Tarragona.


17 de xullo de 2012

BELFORTI RENOVADO

Unha gran noticia sen dúbida algunha a renovacion dun dos artificies do ascenso,e co que poderemos desfrutar unha tempada máis.

FRAN SOL NOVA INCORPORACIÓN


O Lugo fixo onte oficial o fichaxe do dianteiro Fran Sol.Trátase dun futbolista que leva dende os 10anos no Real Madrid e a tempada pasada foi titular no terceiro filial do equipo madridista que milita na terceira división.

 Fran Sol marcou 10goles o curso pasado,convertindose no máximo realizador dos brancos,que terminaron na segunda posicion do grupo madrileño de terceira.

 O Lugo chegou a un acordo de cesión por unha tempada.Antes de realizarse a xestión, o Madrid firmaralle un contrato como profesional.

O LUGO ESPERA A CHEGADA DE YOEL

Lugo será finalmente o destino de Yoel,tal e como estaba previsto dende un principio.O celta cerrará nas próximas horas a cesión por unha tempada do porteiro vigués ao equipo que dirixe Quique Setien.Carlos Mouriz asegurou onte nos micrófonos da radio galega que esperaba a chegada do cancerbeiro entre hoxe e maña,dia no que comeza a pretempada luguesa.

 Ambos clubes estaban dende un principio interesados en que se cerrase a operación.No celta consideran que o destino no que Yoel podrá acumular minutos e crecer para regresar a próxima tempada a disciplina celeste.Ademais a cercania coa cidade das murallas foi un factor a ter en conta.

16 de xullo de 2012

PREZOS DOS ABONOS 2012/2013


 Os prezos dos abonos serán de:

* Fondo Norte: 120Euros
* Xeral: 90Euros
*Tribuna: 200euros
*Preferencia: 200euros

DIEGO TONETTO NOVA INCORPORACIÓN

Diego Ruben Tonetto será o terceiro fichaxe do Clube Deportivo Lugo.
  Despois dun parón na web de Brigadas Lucenses voltamos as andadas coas novas incorporacións.
  Chega maña a Lugo para estampar a sua firma no contrato co clube albivermello.
  Pode xogar tanto polo medio como pola banda esquerda,é un xogador xoven(23anos) ofensivo,con gran disparo e boa asociación.
  Procede da Liga Arxentina B,na que militaba no equipo de Ferro Carril Oeste.
  As suas últimas declaracións antes de viaxar a Galiza:"Vou a deixar todo para que ao clube e amin nos vaia da mellor maneira.Vou conseguir cousas co Lugo."

4 de xullo de 2012

SETIEN QUEDA

Quique Setién continuará polo menos unha tempada máis como adestrador do CD Lugo, esta vez en Segunda División.
A continuidade do técnico cántabro xa se deu por feita pola mañá, aínda que o club non a confirmou oficialmente ata pouco antes das sete da tarde deste martes. Así circulou polas redes sociais, nun rumor recollido incluso pola conta de El Progreso en Twitter. No entanto, Setién, que estes días está a dirixir un campus en Santander, emprazaba a esperar á comunicación oficial de Carlos Mouriz, director deportivo do CD Lugo.
O anuncio oficial fíxose público pouco antes das sete da tarde. A concisa nota di exactamente: "A afección lucense está de parabén, o adestrador cántabro, Quique Setién, acaba de confirmar a súa continuidade como adestrador do Club Deportivo Lugo na súa estrea na liga Adiante".
O comunicado non aclara a duración do novo contrato, aínda que se especula con que Setién asinará por un ano.
Ésta será a cuarta tempada de Setién no equipo lucense. Na primeira o CD Lugo terminou sétimo e nas dúas últimas levou ao equipo á fase de ascenso a Segunda, logro conseguido o pasado 24 de xuño en Cádiz.
O CD Lugo iniciará a pretemporada o luns 16 de xullo.
 03/07/2012 - El Progreso Digital