* Para nos a sección xuvenil é unha maneira de animar o CD Lugo, mostrar os nosos ideais politicos e pasalo ben.
- Por qué ese nome?
* O nome vén de que coma case todos nos somos rapaces entre 16-22 anos, e queriamos facer una seccion dentro das BBLL, puxémoslle Sección Xuvenil.
- Cando se fundou?
*Fundouse entre a fase de ascenso a Segunda Division e as primeiras xornadas de esta tempada 2012-13.
- Cantos membros sodes actualmente?
*Uns 15.
- Como vos organizades na sección para facer os tifos,bandeiras...?
* Axudamos no que podemos e colaboramos co resto de membros de BBLL.
- Como son as vosas relacións co resto de grupos do equipo?
*Temos unha das mellores relacións posibles.
- O que mais vos gusta da sección xuvenil?E de Brigadas?
*O que mais nos gusta é que podemos pasalo ben animando ao noso equipo. De Brigadas gústanos o nivel de animación en grada e o bo roio que hai entre todos os membros.
- E o que menos?
*A verdade que o que menos nos gusta e cando se vai perdendo, que o nivel de animación baixa bastante. Pero tampouco é razon de queixa.
- Cal foi o voso mellor momento na sección?
*As viaxes feitas a Ponferrada e Gasteiz
- E o peor?
*No partido Lugo - Sporting moitos membros da Xuvenil foi retida e identificada.
- Viaxades moito?
*Viaxamos moi pouco, este ano a Ponferrada e Xixón. Os tempos que corren e o excesivo prezo das entradas tampouco axuda moito.
- Como son vosas relacions do club?
*Temos relación correcta
- E cos xogadores?
*Cos xogadores tamén correcta.
- Simpatía por algun xogador?
*Sobre todo por Yoel, porteirazo e seguidor dos nosos ideais.
- Odio?
*Odio por ningun.

- Simpatía por algun equipo?
*Temos simpatía polo Alavés.
- Odio a algún equipo?
*Racing de Ferrol.
- Que opinades da conversion do C.D.Lugo en SAD?
*Odiamos o futbol negocio, estamos totalmente en contra.
- Carta Branca.
*Dende Sección Xuvenil animamos a todos os siareiros do CD Lugo que se coloquen no fondo de Brigadas e animen con nos. Tamén nos gustaria que algunha peña antifascista se acercase por Lugo. E decirlle a todas as penhas do CD Lugo que sigan así, que somos os mellores!