23 de xullo de 2013
22 de xullo de 2013
6 de xullo de 2013
4 de xullo de 2013
SIAREIROS LUGO Sumando forzas...
AVISO!!!
SIAREIROS LUGO 2013
Anunciamos que para a tempada 2013-14 Brigadas Lucenses,Hinchada Rossa,LKF,Frente Begonte e membros de Muralla Norte a nivel individual lanzarémonos conxuntamente no proxecto dunha grada de animacion no Fondo Norte.
Todo isto cunha clara intención de unir forzas cara a animación no Estadio Anxo Carro.
Igualmente, seguiranse a manter as liñas que cada grupo leva tendo durante todos estes anos así como a súa historia e os ideais polos cales naceron cada un deles. O feito da unificación dos grupos nunha sola hinchada de animación non supón a desintegración dos mesmos, senón un paso máis na súa historia, e que de seguro traerá bos momentos.
Deixamos claro que a nosa unidade é únicamente polo CLUBE DEPORTIVO LUGO, apartando así os vellos localismos cara outros Siareiros da Galiza que nada tenhen que ver con animar ao noso CDL.
Tampouco permitiremos actitudes racistas, machistas, homófobas ou fascistas no novo grupo.
Facemos un chamamento a todos os Siareiros do CDL con ganas de animar que sigan o noso camiño e se unan neste proxecto.
Os Siareiros Lugo, nome baixo o que se agrupará todo aquel que queira animar ao noso Lugo, teremos o lugar reservado xa que esta tempada todas as localidades están numeradas.
XA TE PODES FACER SOCIO DE SIAREIROS LUGO ANOTANDO OS TEUS DATOS NA LISTA A DISPOSICIÓN DE TODOS OS AFICIONADOS NO BAR SAN LÁZARO (ao carón da N-VI preto do Anxo Carro). A COLABORACIÓN SERÁ DE 10 € COS CALES SE ENTREGARÁ UN CARNÉ DE SOCIO MÁIS UNHA CAMISETA DO GRUPO.

2 de xullo de 2013
AVISO
Queremos informar que as únicas vías oficiais de comunicación de Brigadas Lucenses son:
Facebook: Brigadas Lucenses
Twitter: @BrigadaLucenses
Blog: http://brigadaslucenses.blogspot.com.es/
Estes son os unicos medios que dan voz ao grupo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)