30 de agosto de 2015

CD LUGO 1-0 UE Llagostera

Vitoria dos nosos no primeiro partido da tempada na casa, que esperemos que acompañe a moitas máis. FORZA LUGO!!

FAIXAS
Ademais de alentar o equipo, sacáronse dúas faixas en cada metade do encontro. Na primeira reclamando unha solución para o sector gandeiro galego, sector económico chave na provincia e no país que se encontra en crise debido a que os produtores non obteñen prezos xustos  que compensen os custos de produción, que por outra parte, ascenderon cada vez máis, debido á competencia desleal e á falta de axudas. PREZOS XUSTOS PARA VIDA DIGNA!

Na segunda, en apoio dos refuxiados aos que se lles está a negar a entrada en Europa, que xunto cos E.U.A, a través da OTAN foron os culpábeis das guerras que fan que estes refuxiados teñan que escapar dos seus países de orixe