Xa pasaron anos daquelas noticias das vacas tolas, tamén da censura na ditadura franquista, pero ámbalas dúas foron postas de actualidade pola directora da TVG. Un documental que se ía a publicar pasado mércores, 03.06.2009, foi censurado e prohibida a súa emisión; no seu canto emitirase unha película de vaqueiros. Algo de relación hai; de vacas vai a cousa. O documental non deixaba en bo lugar o PP de G, e lastraba a imaxe do futuro imperio hacia Deus do Presidente da Xunta. Un aturuxo pola defunta liberdade de expresión que nos agarda baixo a guía do PP de G de Feijo; namentres a oposición, nin se lle ve, nin se lle agarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario