6 de xullo de 2009

NOVA EQUIPACION DO CD LUGO

Esta será a nova equipación do CD Lugo para a tempada 2009/2010 que contará coa primeira equipación tradicional (camiseta con raias vermellas e brancas e pantalón azul) e como curiosidade a segunda equipación o lugo será de cor marrón, algo inusual no mundo do fútbol onde só o St. Pauli conta cunha equipación marrón. Como curiosidade o St. Pauli é o único equipo declarada institucionalmente antirracista e antifascista.
O Lugo terá como logotipo Profilatex (preservativos producidos por Laboratorios Nupel) terá bastante mais sentido este ano cando se entone o cántico de "Lugo bótalle ovos".
Unha novidade que se presenta nas camisolas é a aparición da bandeira galega por detrás, cando moitos equipos como Madrid, Sevilla e Cultural Leonesa na nosa categoría amosan a rojigualda nós levaremos polos campos da Segunda B adiante a bandeira do noso país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario