
O vindeiro domingo comeza a tempada oficialmente para o CD Lugo coa visita dun recén ascendido: o Mirandés. Tempada nova e esperamos con ilusión poder enfrontarnos o reto de clasificarnos para a tan ansiada fase de ascenso. Porque temos equipo, porque temos ganas, porque temos ilusión, porque sentimos as cores do branco e vermello do noso clube e porque esperamos que os nosos xogadores as sintan tamen e o den todo polo clube.

O Lugo somos todos, por moito que lles pese a algúns que só queren aproveitarse do noso clube, e dende a afeción temos que dalo todo dende o primeiro ata o último minuto. Temos que facer que os xogadores se sintan orgullosos das nosas cores como nós nos sentimos.

Comeza unha nova tempada e tamén e voltar reencontrarse cos vellos colegas do fútbol, xuntarse no bar antes do partido, abrir o noso fondo, rescatar o bombo e as bandeiras que levan pechadas todo o vrao no cuarto, ver o teu equipo pisar o céspede, o pitido inical, pufarlles unhas birras os do bar do fondo, berrar ata quedar sen folgos no estadio e conseguir esa vitoria no último minuto e que os xogadores nos dediquen a vitoria que nos fai recordar porque estamos ahí cada domingo xoguemos no Anxo Carro ou fora. E ante todo sentir esta unidade, este orgullo e este sentimento hacia o noso clube.
PORQUE ESTE ANO SI
SEMPRE BBLL SEMPRE CD LUGO