
Marcos Rodríguez nado en Marín (Pontevedra) provén do Zamora CF e anteriormente pasou por equipos como o Celta "B" e o Logroñés. Marcos de 25 anos reforzará o mediocampo do Lugo.
O dianteiro Máikel de 33 anos pasou por equipos provén do Cidade de Santiago e pasou por equipos como o Deportivo, Toledo, Xerez, Xetafe, Compostela, Terrassa, Tenerife, Lorca Deportiva e Benidorm. É un xogador que poderá aportar moita experiencia.
Coa contratación de Máikel o CD Lugo supera o cupo de xogadores maiores de 23 anos (16) polo que un xogador deberá sair do clube. Este xogador será Rubén Pardo polo que queremos mostrar o noso rechazo a saida de Rubén, un xogador con un gran futuro. Volvemonos a preguntar o porqué da renovación de Losada, se se iba contratar a Máikel. Ademáis con esta contratación seguramente outro gran xogador como Sergio quedará relevado a un segundo plano detras de dúas vellas glorias con sendos importantes salarios. Outra das moitas acción caciquiles da nosa directiva. Nembargantes damosllela benvida a estes dous xogadores e desexámoslle moita sorte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario