29 de setembro de 2009

PONTEVEDRA 0-5 LUGO

Impresionante vitoria do Lugo por 0 goles a 5 ante un dos candidatos ó ascenso da categoría. Dos goles 4 deles foron do xogador de Portomarin Sergio Arias, que con este partido gañarase unha mais que xustificada titularidade. A nosa noraboa a Sergio que con este partidazo serviralle para gañar confianza e poder seguir demostrando o xogador que é. Con esta vitoria e o bon xogo deixado polo equipo, estase xenerando moita ilusión entre a afección e poder acabar a tempada en postos de play-off non é ninguna tolería, porque temos equipo.
Por parte de Brigadas non houbo desprazamento, eso si varios membros se deixaron caer por Pasarón, debido a que a Peña Piño Quiroga, dirixida por quen todos sabemos, nos impediu no último momento viaxar no bus no que xa estabamos apuntados. Unha mágoa non poder viaxar ata este xa clásico desprazamento por culpa de 4 pintamonas que queren aproveitarse do clube.
O próximo encontro será na casa xa en festas de San Froilán ante o Izarra.

25 de setembro de 2009

CD LUGO 0-1 CELTA "B"

Partido disputado o pasado mércores no Anxo Carro. O CD Lugo consegue a sua primeira derrota no que vai de liga e sitúase con 6 puntos no posto número 13 na táboa ligueira da Segunda División B.

23 de setembro de 2009

MONTAÑEIROS CF 1-2 CD LUGO

Primeira vitoria da tempada a conseguida o pasado domingo ante o Montañeiros, 3 puntos importantes que axudaran a subila moral do equipo.
Hoxe nova cita no Anxo Carro contra o Celta B.

18 de setembro de 2009

ASCENSO CD LUGO A 2ª TEMPADA 91/92

Finalizamos a entrega dos vídeos do ascenso do CD Lugo coa última parte, no video vemos o último minuto de partido e como tras o pitido final coa vitoria do Lugo (2-1) conseguese o ascenso a Segunda división, os aficionados lucenses bótanse ó campo a celebrar un histórico ascenso que sempre será recordado e que esperamos pronto volver a acadar.

15 de setembro de 2009

CD LUGO 0-0 SD PONFERRADINA


Outro empate o conseguido o domingo ante a Ponferradina, a primeira parte foi para a Ponferradina e cabe destacar a lesión a pouco rematar o partido do dianteiro Rubén Vega (máximo goleador da categoría) na segunda parte dominio total por parte do Lugo pero debido a pouca eficacia na liña atacante non se podeu conseguir o gol.
Espectacular foi, unha vez mais, o desprazamento da afección berciana enchendo case toda a tribuna, pola nosa banda moi boa animación, a bancada de fondo estaba moito mais animada que o que ben sendo habitual. Salientar o despregue pseudomilitar da policia nazional con mais de 20 policias na nosa bancada que se dedicaron a "hacer su trabajo".

11 de setembro de 2009

CD LUGO- SD PONFERRADINA

O CD Lugo enfrotarase a Ponferradina este domingo no Anxo Carro, o partido foi fixado as 18:00. Ante o masivo desprazamento de afeción berciana a terras luguesas, queremos facer un chamamento a tódolos siareiros do Lugo para que baixen ata o estadio a animar o noso clube. Preséntase un bonito encontro, no que o Lugo terá que demostrar se este ano pode facer algo.
SEMPRE CD LUGO!

10 de setembro de 2009

ASCENSO CD LUGO A 2ª TEMPADA 91/92

Quédavos aqui a cuarta parte dos vídeos do partido co que o CD Lugo conseguiu o ascenso a segunda división na tempada 91/92. No vídeo podedes ver as declaracións do adestrador do Sant Andreu sobre o penalti a Calderé, o empate do Sant Andreu a comezos da segunda metade e ese remate de cabeza de Alvite que nos daba unha vitoria que vale por un ascenso a segunda división.

8 de setembro de 2009

PALENCIA CF 1-1 CD LUGO



CD LUGO: Escalona, Cristóbal, Alberto García, Aira, Manu, Tornero, Fernando Seoane, Marcos Rodríguez, Arroyo (Sergio, min. 73), Losada (Noguerol, min. 65), Maikel.

PALENCIA: Rebollo, Loma, Gorka, Rui, Serrano, Chuchi, Pelayo, De Paula, Álex (Benjamin, min.67), Víctor Sánchez (Agostinho, min.60), Paulino


5 de setembro de 2009

Siareir@s Galeg@s perante o Espanha-Bégica na Corunha

Deixámosvos co comunicado de Siareir@s Galeg@s (colectivo ó pertencemos e apoiamos) perante o xogo da seleción española no noso territorio nacional.

Setembro de 2009

Siareir@s Galeg@s perante o jogo que desputará a selecçom espanhola em teorritótio nacional galego o 5 de Setembro contra Belgica quer manifestar o seguinte:

- Que o feito de que o governo de Nunhez Feijoo decidira eliminar da face da terra a selecçom Galega, como fijo em 1936 o seu camarada Francisco Franco, supom pra nós umha autêntica declaraçom de guerra fronte a que nom ficaremos quedos vendo como se pissoteiam as pequenas conquistas que se conquerirom nos direitos desportivos durante os 4 anos do bipartito.

-Que o jogo do 5 de Setembro na Corunha nom é casual, senom que responde a umha ofensiva do espanholismo em todos os ámbitos e nom so desportivos; ensino, lingua, cultura, meio ambiente ... ofensiva a que lhe devemos respotar como povo desde já.

-Que desde o punto de vista futebolístico o jogo de Espanha carece de todo sentido, já que a pratica totalidade das torcidas das equipas galegas (Deportivo da Corunha, Celta de Vigo, Pontevedra FC, CD Lugo, CD Ourense, SD Composela, ...) ou membros delas fam parte do colectivo e procuram os mesmos objetivos a oficialidade plena das selecçons galegas, nom existindo no nosso Pais nem a primeira claque dumha equipa de futebol que exhiba simbolos espanhois ou derivados.
Exposto isto deixa as claras que o jogo do 5-S carece de interese qualquer pra @s
siareir@s futeboleir@s Pais, sendo um espectáculo político montado polo fascismo espanhol pra recrear-se diante de caciques, burgueses, bilingües, colonos, sipaios e demais filh@s do auto-ódio, os mesmos que apouparom ao fascismo espanhol de novo ao poder no Parlamentinho da CAG.

-Que a mera presença dum dispositivo especial na cidade da Corunha por parte dar forças de ocupaçom espanholas para dito jogo ja supom a primeira derrota do espanholismo; situaçom especial que fai ver que a sua selecçom nom joga na casa, e nom é bem recebida pola parte galega da povoaçom.

-Para rematar fazemos um chamamento a cidadania galega a demostrar a sua repulsa a este jogo nas ruas da Corunha e no resto do Pais e a fortalecer no dia a dia a luita que SSGG leva encabeçando desde fai mais de 13 anos, a luita pola oficialidade Selecçom Galega numha Galiza Ceive.

Na Terra a 4 de Setembro de 2009

http://www.siareirasgalegas.org


4 de setembro de 2009

ASCENSO CD LUGO 2ª TEMPADA 91/92

Este vídeo é a terceira parte dos vídeos do partido do ascenso na tempada 91/92. No vídeo pódese ver os momentos claves da primeira parte, o 1-0 a cargo de Jorge e o famoso penalti a Calderé (non só non se pitou se non que se expulsou o xogador) polo que algúns do Sant Andreu a día de hoxe inda nolo siguen botando en cara e a emisión que se fixo durante o descanso.

1 de setembro de 2009

COMUNICADO

Ante as informacións que están circulando pola rede, televisión e prensa escrita estos últimos días; nas que se apuntaban que un xoven lucense foi agredido por membros de Brigadas Lucenses, queremos negar clara e rotundamente que algún membro do grupo estivera implicado ou fora autor de semellantes feitos. Tamén queriamos expresar a nosa máis profunda repulsa hacia aquelas falsas informacións que se difunden contra nós, sen tan sequera indagar primeiro no sucedido e contrastar esa información.