Impresionante vitoria do Lugo por 0 goles a 5 ante un dos candidatos ó ascenso da categoría. Dos goles 4 deles foron do xogador de Portomarin Sergio Arias, que con este partido gañarase unha mais que xustificada titularidade. A nosa noraboa a Sergio que con este partidazo serviralle para gañar confianza e poder seguir demostrando o xogador que é. Con esta vitoria e o bon xogo deixado polo equipo, estase xenerando moita ilusión entre a afección e poder acabar a tempada en postos de play-off non é ninguna tolería, porque temos equipo.
Por parte de Brigadas non houbo desprazamento, eso si varios membros se deixaron caer por Pasarón, debido a que a Peña Piño Quiroga, dirixida por quen todos sabemos, nos impediu no último momento viaxar no bus no que xa estabamos apuntados. Unha mágoa non poder viaxar ata este xa clásico desprazamento por culpa de 4 pintamonas que queren aproveitarse do clube.
O próximo encontro será na casa xa en festas de San Froilán ante o Izarra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario