19 de febreiro de 2011

RETOMAMOS TRABALLOS...!!!

Despois de case un ano de abandono do blogue, retomamos os traballos.
Conxuntamente co noso equipo; a tempada pasada tivemos un pésimo final de tempada, con nula animación nas últimas xornadas. No comezo desta nova tempada, a xente estaba totalmente desanimada e todo apuntaba cara a disolución definitiva do grupo. Pero un plantel de xogadores, conseguiu devolvernos a ilusión e tras dúas viaxes, a Pontevedra e a Abengondo, decidimos voltar ao Anxo Carro como grupo. Non pode ser que o lider da Segunda División B non teña apenas animación nas súas gradas, que na primeira volta o noso estadio semellaba máis un cementerio que un campo de fútbol. Dende aquí, animamos a tódolos lugueses a acudir, cada domingo que toque, ao noso campo, ao noso fondo e o máis importante, animar ao equipo dos nosos corazóns.
AGORA E SEMPRE, MOITO LUGO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario