
O gafe do Spórting B continúa para o CD Lugo, que este domingo tampouco puido crebar o refacho de catorce anos sen gañar en Xixón. Os lucenses só conseguiron un empate (1-1), aínda que foron por diante parte da segunda metade.
O primeiro período departó un partido de dominio alterno, con ocasións para os dous conxuntos, un pouco máis incisivo a filial do Spórting, pero con igual falta de definición ante o marco contrario nos dous equipos.
Na segunda parte, o CD Lugo exhibiu os seus galóns de líder e único invicto do grupo primeiro da Segunda División B do fútbol español. Desfíxose con moitísima facilidade do acoso local e encadeou unha serie de perigosos ataques. Froito dun deles chegou, no minuto 63, o tanto lucense, un auténtico golazo de Berodia.
A partir dese momento, os homes de Setién dedicáronse a controlar o partido, pero cando mellor parecían porse as cousas, chegou unha falta de Aitor na área, que o árbitro sinalou como penalti, moi protestado polos branquivermellos. Era o minuto 81 e o local Muñiz non fallou, colocando o 1-1 final no marcador.
Aínda así, o CD Lugo mantense como líder en solitario do grupo. Na próxima xornada, os branquivermellos recibirán en Lugo, no Anxo Carro, a un Conquense que transita polos postos baixos da clasificaciónDatos do partido:

Ningún comentario:
Publicar un comentario