31 de decembro de 2011

NON TODO VAI SER FUTBOL...

Seguindo co noso apartado de "non todo vai ser futbol", vos presentamos a No Surrender Gz,unha banda coruñesa de Punk rock,do mellor do pais.

Comezamos a ensaiar en 2008 con máis ganas que aptitudes, co fin de formar unha banda e aportar algo á escasa escea punkrocker da nosa cidade. Tras un ano sen baixista, únese ó grupo Mikel Post Mortem e a partir dese intre, xa con todos os postos cubertos, comezamos a tomarnos máis en serio os ensaios e ir incorporando progresivamente cancións propias ao repertorio. A banda bebe tanto da influencia de bandas galegas como Skacha, Keltoi!, Radio Océano, Skarmento ou Disturbio 77 entre outras, como tamén de bandas da escea punk estatal, inglesa e americana principalmente, dando lugar a un estilo punk rock aberto e melódico pero mantendo unha base clásica. Punk da vella escola simple e directo. Neste 2010 entramos por vez primeira a un estudo de gravación e realizamos o noso debut en directo acompañando a unha das lendas do punk galaico, os vigueses Skacha. Despois seguironos algun que outro concerto mais en Lugo,coruña,ferrol,lalin...
Contan con 9 cancións grabadas en estudio.Unha banda mui recomendabel para os amantes do Punk Rock en Galego,e se fora pouco contan con raices da nosa cidade.



25 de decembro de 2011

A fronteira do 4.000


Chegar aos 4.000 socios. Ese é o ambicioso reto que se expón o Club Deportivo Lugo para o ano 2012. E así o expuxo onte en rolda de prensa no centro comercial Carrefour o presidente do club branquivermello, José Bouso, na presentación da chamada campaña de socios para a segunda volta.

Bouso recoñeceu que o Lugo superou recentemente, e por primeira vez na súa historia, os 3.300 socios. Incluso, asegurou que o club está preto de alcanzar os 3.400. O obxectivo dos 4.000 aínda queda lonxe, pero no seo da sociedade branquivermella confíase en que o bo facer do equipo de Quique Setién faga crecer o número de socios.

A campaña que se abriu onte non se pechará ata final de tempada, aínda que a maior demanda espérase que se produza nestes últimos días do ano 2011 e durante o mes de xaneiro, no que o Lugo xogará tres partidos seguidos no Ángel Carro, o domingo 8 ante o Toledo, na última xornada da primeira volta, o 12 ou o 13 ante o Rácing de Santander B na ida dos oitavos de final da fase nacional da Copa Federación e o domingo 15 ante o Celta B no primeiro partido da segunda volta da liga. Os branquivermellos terminarán a costa de xaneiro con tres partidos a domicilio. O 19 ou o 20 de xaneiro visitarán ao Rácing B no partido de volta da Copa Federación e o 22 e o 29 visitarán consecutivamente á Roda e Atlético B.

Os afeccionados que desexen darse de alta poderán facelo hoxe ata as 20.00 horas no posto aberto polo Lugo en Carrefour e a partir do luns 26 nas oficinas do Ángel Carro, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30. O horario rexerá durante toda a semana, venres 30 incluído.

O prezo dos carnés que se ofrecen agora sofre unha rebaixa próxima ao 40%, dado que só pódense utilizar para o que queda de tempada. Así as cousas, os novos prezos son de 180 euros para os socios representativos, preferencia e tribuna numerada (99) e con cónxuxe (117), fondo norte (60 e 72), xeral (48 e 60), xuvenís de 4 a 18 anos en xeral e fondo norte (12) e en tribuna e preferencia (24). Os socios con fillos menores de 18 anos aos que queiran reservar asento en tribuna ou preferencia (10). A maiores de 65 anos, xubilados, universitarios, desempregados e discapacitados aplicaráselles un desconto do 50% en todos os casos.

Merchandising

O responsable de mercadotecnia do Lugo, Daniel Fernández, anunciou pola súa banda que ata as 20.00 horas de hoxe estará aberto un posto de venda de artigos relacionados co Lugo fronte á caixa central do hipermercado. No posto véndense camisetas branquivermellas e negras a 27 euros cada unha, banderines (7,5), pins (2), sudaderas con capucha (23), chaquetas Soft Shell home (35), polos e camisetas de vestir (18, 15 e 12), gorras vermellas (10), gorras bicolor (15), bufandas (10), coxíns (12) e paraugas (12), ente outros produtos.

Fonte: El progreso



24 de decembro de 2011

23 de decembro de 2011

AVANTE A IRMANDIÑA


AVANTE A IRMANDIÑA!
AVANTE SIAREIROS GALEGOS!

22 de decembro de 2011

GAÑADOR DO SORTEO DA CAMISOLA: *268*


O premio gordo foi 58.268
Polo tanto o gañador da camisola do Clube Deportivo Lugo será o portador da rifa con número:*268*
Rogamos ao gañador que se poña en contacto con nós ou ben nun comentario da web deixandonos os seu contacto ou mediante o noso facebook: "Brigadas Lucenses" ou no tuenti: "Fondo norte anxo carro"
NORABOA AO GAÑADOR! FORZA LUGO!

20 de decembro de 2011

PROGRAMAÇOM DO PARTIDO DA SELECÇOM GALEGA EM TEU

Mais um ano chega Dezembro sem nengumha intençom por parte do Governo da Junta da Galiza nem da Federaçom Galega de Futebol de organizar o tradicional jogo da Selecçom Galega. Mais também, mais um ano o povo resposta a este gesto de indiferença cara o nosso desporto. Seremos nós, @s Siareir@s Galeg@s quem levemos a Galiza ao terreno de jogo, numha jornada de actividades que vai tomando continuidade ano após ano e que esperamos que se reforce com o apoio popular que a Irmandinha se merece.

A cita será o 23 de Dezembro em Cacheiras (concelho de Teu), coincidindo amais, com o XV aniversário de Siareir@s Galeg@s. Por isso depois de quinze anos de actividade sem trégua a prol das selecçons nacionais, queremos que esta jornada serva também para mostrar que o povo galego continua em luita e que seguiremos trabalhando na nossa linha os anos que faga falha. Queremos deixar claro que esta nom é umha data simbólica, se nom que é um dia de reivincaçom polos dereitos de Galiza a competir como país.

Como o ano passado, Galiza voltará a enfrentar-se a um povo irmão, neste caso à RASD (República Árabe Saaraui Democrática). Teremos entom, a parte da festa do futebol, umha oportunidade para conhecer o povo saaraui, a sua cultura e a luita que no dia-a-dia levam a cabo polos seus dereitos como naçom. Por isto, na organizaçom do evento contaremos com a colaboraçom de Solidariedade Galega co Pobo Saharahui.

Tendo em conta que por primeira vez o encontro leva-se a cabo fora dumha das cidades galegas, a organizaçom contará com um autocarro que realizará de forma continuada o trajecto desde Praça Galiza (Compostela) até Cacheiras e vice-versa, podendo assim prescindir do carro para desprazar-se.

Convocamos assim, mais um ano a assistir ao encontro da Irmandinha o 23 de Dezembro em Cacheiras e ao resto de actividades que levaremos a cabo.

ACTIVIDADES:

Durante a tarde, a partires das 16:00hh. haverá um aberto de bilharda da autêntica, luita galega, umha carpa DJ e um espaço Saaraui com diferentes actividades.

MANIFESTAÇOM:

As 19:00hh. sairá a manifestaçom nacional do campo de futebol de Cacheiras, baixo a legenda: “Siareir@s Galeg@s, XV anos luitando polas selecçons nacionais!”.

JOGO:

As 20:30 no campo de futebol de Cacheiras dará começo o jogo no que Galiza se enfrentará à RASD. A equipa galega estará conformada por jogadoras e jogadores de diferentes categorias baixo a direcçom de Pilar Neira. Nos vindeiros dias confirmaremos os nomes das jogadoras e jogadores convocad@s e que defenderám as nossas cores.

CONCERTO:

Para finalizar a jornada organizaremos um concerto no Campo da Festa de Cacheiras. Contaremos com a actuaçom 4 grupos: Invivo (Metal-Cru, Compostela), Contra as Cordas (Hardcore, Ourense), Bastards on Parade (Punk-folk, A Corunha) e Opció K-95 (Punk-Oi!, Barcelona – Països Catalans).

UMHA NAÇOM, UMHA SELECÇOM!

19 de decembro de 2011

REUNIÓN DE BRIGADAS


Este sábado dia 7 de xaneiro as 16:00h(maxima puntualidade) no Bar SAN LAZARO,farase unha reunion de BRIGADAS LUCENSES para programar todo de cara a segunda volta.Rogase a asistencia de todos os socio da peñá, mais tamen os que non o sexan socios poden acercarse para dar ideas e participar.

SABADO 24 as 16:00h(Puntualidade maxima) no Bar SAN LAZARO
BBLL`01

15 de decembro de 2011

ON TOUR LEGANES!!


Remata o 2011 co ultimo partido de liga en butarque (leganes) o domingo 18 as 12:00 h, contra un equipo feito para ascender e con vellas figuras do panorama futbolisticos por iso dende brigadas lucenses animamos a todolos siareiros,afecionados e simpatizantes do clube deportivo LUGO a desplazarse mediante medios propios ou ven coa peña piño quiroga a despedir e apoiar o equipo nun ano historico e cheo de victorias, e chegando o ecuador da presente temporada o equipo esta a 1 punto do lider camiño de intentar superar a anterior temporada. FORZA LUGO

8 de decembro de 2011

Manu: ''A liga é unha carreira de fondo''

A zona alta do Grupo I da Segunda División B apértase xornada a xornada. Na pasada, dos oito primeiros clasificados, só gañou o Oviedo. Manu, capitán branquivermello, saca a seguinte conclusión de todo isto. «Hai moitísima igualdade, iso xa se sabía a principio de Liga. Abacete, Tenerife, Oviedo e Castela son equipos que por potencial, orzamento e historia van estar aí arriba. Séguese vendo que calquera che pode gañar e por iso esta Liga non vai ser fácil; ninguén vai regalar nada. Temos que pensar que a liga vai ser unha carreira de fondo; son 38 xornadas e calquera descoido pódelo pagar», asegura.

Os branquivermellos seguen sendo optimistas con moderación. «Mentres esteamos aí ben colocados e sigamos facendo as cousas como ata agora todo irá ben. É certo que debemos corrixir algúns erros que nos están custando puntos, pero polo demais o equipo nestas últimas xornadas volveu recuperar as boas sensacións de ter o balón e de entrar por banda. Iso e ter a personalidade que estamos a ter todo o ano é o máis importante», di Manu.

O Lugo recibirá o domingo (17.00 horas) ao San Sebastián de los Reyes nun partido da décimo sexta xornada. «Será un rival que se cadra virá encerrarse e a buscar as contras, Vai expor un partido difícil porque están nunha situación complicada», indica.

O Lugo, segundo o seu capitán está moi mentalizado. «Agora máis que nunca, porque temos que volver sumar de tres en tres logo de tres partidos sen gañar. Agora mesmo témonos que preocupar só de nós», apunta.

A pesar de sumar 2 dos 9 últimos puntos, o Lugo está a só 2 puntos do líder e ten 6 puntos de vantaxe sobre o quinto. «Iso indica que imos ben, pero foi unha pena porque creo que sobre todo estes dous últimos partidos puidemos sacar algo máis, pero iso demostra que aquí ninguén regala nada e que cada vez será máis complicado», comenta.

Manu fallou o pasado domingo ante o Raio B un penalti logo dun ano no que lograra cento por cento en acertos desde o punto fatídico. «Axustei demasiado e foi ao pau, unhas veces mételos outras os fallas, tocou esta vez e amólame porque igual a raíz do penalti si que podía cambiar o partido», sinala.

«O empate soubo a pouco porque despois tamén tivemos erros que nos imposibilitaron gañar. A nivel individual podo estar contento do meu traballo ante o Raio B, pero non me fai moita graza que fagas un bo partido se logo a nivel colectivo deixamos pasar a oportunidade de sumar os tres puntos», engade.

Pero Manu xa mira á fronte. «Foi unha pena porque tivemos erros que nos custaron o partido, pero agora hai que pensar no seguinte», conclúe o capitán do equipo branquivermello.

Manu, o único dos sete que seguen que non se lesionou

Dos sete xogadores do CD Lugo que seguen da tempada pasada, só Manu non caeu aínda lesionado. Escalona aínda non xogou esta Liga, Belfortti estivo catro partidos ausente cun edema no abdutor, Víctor Marco acaba de sufrir unha pequena rotura de fibras, Pita estivo dúas xornadas lesionado, Monti é a segunda vez que causa baixa por lesión este ano e Iván comezou a tempada lesionado os 4 primeiros partidos. «Estou a atoparme ben, estou a ter sorte coas lesións, o míster segue confiando en min e eu adestro todos os días igual. A mala sorte que tivemos é que caeron agora varios xogadores de golpe, pero agora temos dous partidos para intentar sumar os máximos puntos posibles e despois veñen as vacacións, que sobre todo para a xente que no verán tivemos poucos días de descanso virannos estupendamente», sinala.

Garrido, novo goleador

Garrido, que anotou o 1-1 o domingo no campo do Raio B, é o décimo xogador do CD Lugo que marca esta tempada. A lista de goleadores é: Belencoso (6 goles), Berodia (5), Luismi (4), Manu (3, de penalti), Isma, Monti e Iván (2), Quero, Pita e Garrido.


07/12/2011 - Cordido / El Progreso (Lugo)

4 de decembro de 2011

EN DIRECTO

Hoxe poderedes seguir en directo o encontro entre o Clube Deportivo Lugo e o Rayo Vallecano B, as 16:00h por MARCA TV.

VOLTAREMOS
BBLL´01

2 de decembro de 2011

HISTORIA DE BRIGADAS LUCENSES




Alá polo verán do 2001, co C.D.Lugo recén salvado do descenso a 3ª nunha agónica última xornada (2-0 ante o San Sebastián de los Reyes), un grupo de 5 ou 6 rapaces de 14-15 anos proponse montar un grupo de animación que lle dera ambiente ó Anxo Carro. Nos primeiros partidos o número de Brigadas non sobrepasaba os 6 ou 7 membros, e incluso pensouse en abandonar, pero nun Lugo – Compostela comezou a aparecer xente nova e con ganas que deron o primeiro impulso importante ó grupo. O equipo logrou a salvación sen excesivos problemas e na grada comezou a xestarse o que se viviría o ano seguinte. Esa temporada 2002-2003, pese ó descenso de categoría, viu o espectacular crecemento das Brigadas Lucenses, xuntándose en varios partidos preto de 50 persoas animando, e viaxando a multitude de campos, incluídos algúns máis ou menos lonxanos como Ávila.

Chegaron os duros anos de 3ª, o grupo resiste con forza os primeiros meses pero a mala situación clasificatoria do equipo, que finalmente queda fora de postos de playoff, unido a varios factores máis, fai que bastante xente vaia abandonando o fondo e que queden só 10 ou 12 integrantes. Por fin, na 2004-2005, tras moitos partidos de sufrimento, chega a soñada fase de ascenso a 2ªB, e aínda que non se logra o obxetivo de subir de categoría trala goleada encaixada en Valladolid (4-1), son bos momentos para as Brigadas, nos que se sae da monotonía dos partidos co Anxo Carro deserto (600-700 persoas en moitos encontros) e das viaxes polas provincias galegas.

Na 2005-2006 a directiva actual, na súa segunda tempada, conforma un inesquecible equipo (Cuéllar, Dani Carril, Pablo Rodríguez, etc) que devolve por fin ó C.D.Lugo á 2ªB, cun dos días máis gloriosos da historia das Brigadas vivido en Segovia, con 30 siareiros desplazados xunto a varios centenares máis de lugueses. Un gol de Rafa no desconto pechaba o retorno do Lugo á categoría que nunca debera perder, facendo que ese día quede grabado nas mentes e nos corazóns de tódolos alí presentes. Por fin había algo que celebrar.

O primero ano de retorno á 2ªB trae unha temporada moi boa, tanto no deportivo (boa clasificación ligueira, subcampionato de Copa Xunta tras perder na final ante o Celta e bo papel na Copa do Rei, eliminados polo Rayo Vallecano en penaltys) coma na grada. As Brigadas mantéñense como foco de animación no Anxo Carro e pouco a pouco vaise esquecendo o inferno de 3ª.

Os anos foron pasando, e tras multitude de recordos (uns bos e outros tristes, sobre todo o Lugo – Fuerteventura na que o equipo queda fora dos playoffs de ascenso na última xornada dependendo de si mesmo) e varios anos nos que apenas entra xente nova nas Brigadas, o grupo está a piques de desaparecer na temporada 2010-2011, a do 10º aniversario. Mesmo en algún partido, por primeira vez en moito tempo, non se colga a pancarta no Fondo Norte. Pero o destino non estaba dacordo, e trala mellor temporada na historia do C.D.Lugo acádase o título de Liga e conséguese tocar cos dedos o ceo da Segunda División. Entra moita xente no grupo, con moitas ganas, e pese ó varapalo de non lograr ascender os ánimos non decaen e actualmente pódese decir que as Brigadas están no mellor momento dos seus 10 anos e medio de vida.