30 de maio de 2012

28 de maio de 2012

EIBAR 0-0 CD LUGO FOTOS






Soubo sufrir o CD Lugo para saír vivo do “inferno” de Ipurúa e rendibilizar ao máximo o solitario tanto anotado por Belencoso no partido de ida disputado no Ángel Carro. O Eibar xogou ao límite, abusando do xogo directo para tratar de amedrentar a un conxunto lucense que se defendeu con orde e rigor e que dispuxo incluso dalgunhas boas oportunidades para decidir o envite ao seu favor.
A pesar da súa insistencia, o cadro eibarrés, terceiro clasificado do grupo segundo de Segunda División B, non logrou ver portería nos 96 minutos de que dispuxo para facelo e terminou sendo apeado da fase de ascenso por un conxunto lucense que continúa adiante na súa loita por alcanzar a categoría de prata do fútbol español.

24 de maio de 2012

C.D.LUGO-EIBAR FOTOS






Siareiras Galegas exige ao Parlamento espanhol que deixe de bloquear a participaçom desportiva da Galiza

siareiras.jpg 


Redaçom/ A associaçom de aficionadas e aficionados das Seleçons Galegas desportivas juntárom forças com os coletivos irmaos do País Basco e Catalunha para chegar à tribuna do congresso dos deputados espanhol, a instáncia legislativa que está a impedir que Galiza participe nas competiçons internacionais e nas Olimpíadas. Parlamentares dos grupos nacionalistas (BNG, ERC, AMAIUR, Iniciativa per Catalunya e Coalición Canaria) apoiárom as demandas dos siareiros, apesar do qual a maioria das forças espanholas poderám manter o bloqueio.
Davide Rodeiro, membro da delegaçom de SSGG que se deslocou até Madrid, explicou na rolda de imprensa posterior, no próprio congresso, que "só reclamamos um direito" e "pedimos normalizar umha situaçom", ao passo que lembrou que além de pedir ao legislativo a mudança de atitude, os siareiros "trabalhamosna rua, nos pavilhons e nos estádios por este direito". Aliás, lembrou que o desporto e as competiçons internacionais nom estám formalmente vinculadas aos estados, mas às federaçons desportivas, "e nom devemos esquecer que as federaçons som entidades privadas", apesar de que no Estado espanhol as pressons políticas tenham levado a esta situaçom.

Como em Escócia
Davide incidiu na viabilidade de umha petiçom que somente o obcecaçom do espanholismo impossibilita. De facto, há já umha vintena de seleçons galegas a participarem em federaçons desportivas internacionais, da mesma maneira que Escócia e Gales, por exemplo, compitem em todas as disciplinas desportivas.
A comparecência emarca-se na proposta nom de lei da esquerda abertzale (Amaiur), conforme a qual o congresso espanhol debateria o direito das naçons sem estado a participar nas competiçons desportivas.

22 de maio de 2012

ON TOUR EIBAR

A conta atras segue,pero nós non paramos....

 

 

TODOS A EIBAR!!!!

Xa vos podedes apuntar ata o venres as 13:00h nas oficinas do Clube.O prezo é de 10Euros(bus)+20(entrada)

21 de maio de 2012

C.D.LUGO 1-0 EIBAR FOTOS










Belencoso fai soñar ao Lugo



Un solitario tanto de Belencoso, ao fío da media hora do segundo tempo, deulle a vitoria ao CD Lugo ante o Éibar no partido de ida da primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda, disputado este domingo no Ángel Carro.
O ariete branquivermello aproveitou unha indecisión entre a defensa e o porteiro do Éibar, e o seu remate permite ao Lugo soñar pensando no partido de volta, dentro dunha semana.
Foi un choque intenso e, en ocasións, tenso. Os visitantes demostraron que son un rival duro de pelar, e de feito os primeiros minutos xogáronse máis na área defendida polo local Diego Rivas que na de en fronte. Aos poucos, en cambio, o Lugo foise asentando no campo, aínda que o partido nunca tivo un dominador claro. Si tiveron máis ocasiones os lucenses, que nalgunha ocasión volvéronse a mostrar pelexados co gol, pero os vascos souberon contragolpear con perigo. Así as cousas, acabou decidindo unha ocasión illada, cando faltaban poucos segundos para o minuto 75.
O choque pode pasar factura aos lucenses. Carlos Pita retirouse lesionado ao pouco de comezar a segunda parte.
Aínda que o resultado é curto, o adestrador local, Quique Setién, recordou que no partido de volta "eles teñen que marcar polo menos un gol", o que non será "doado", avisou, mentres que os lucenses contarían co dobre valor dos tantos en campo contrario
20/05/2012 - El Progreso Digital (Lugo)

16 de maio de 2012

QUENTANDO MOTORES

#EspirituDo92

17 DE MAIO, DIA DAS LETRAS GALEGAS


12:00
17 de Maio na Alameda de Compostela
Manifestación en defensa da nosa lingua

NA GALIZA EN GALEGO

15 de maio de 2012

"QUEDADA ALBIVERMELLA"

Este Domingo voltaremos a repetir a quedada do ano pasado,para que a xente vaia tomando uns viños,tapas e entonando os primeiros cánticos para quentar motores de cara ao encontro co EIBAR.
Despois baixaremos andando todos xuntos hacia o campo.
#EspirituDO 92

BRIGADAS LUCENSES QUENTANDO MOTORES




Dende as Brigadas Lucenses xa comenzamos a quentar motores e crear ambiente de cara ao trascendental encontro que disputara o equipo o vindeiro domingo no Anfield Carro contra o Eibar.

Apelamos ao #EspirituDo92 para poder voltar repetir aquel soñado ascenso.
VOLTAREMOS
#EspirituDo92

11 de maio de 2012

O cuarto estrea nova cara





#EspirituDo92

20 anos despois... De aquel 28 de xuño de 1992 o C.D.Lugo volve disputar por segundo ano consecutivo unha fase de ascenso despois de caer con bastantes polemicas arbitrais o ano pasado fronte o Murcia primeiro e Alcoiano no derradeiro partido na casa.
Pero este ano cumplese o vixesimo aniversario do ascenso do 92, mitico equipo dirixido por Xulio Diaz e formado por: Domínguez, Cacharrón, Modesto, Alvite, Miguel, José Ángel, Jorge, Montoto, Carolo, José y Miguel Ángel.
Duas décadas despois os albivermellos chaman os seus guerreiros , espidos, sen complexos, como os héroes que xa superaron o maior dos medos o medo a alcanzar a cumbre.

VOLTAREMOS
BBLL´01

MATERIAL A VENDA NO POSTO DO FONDO

MATERIAL:

*Camisola PLayOff 2011-12-> Socios BBLL: 8Euros, Non Socios: 10Euros
*Camisola logo Brigadas-> Socios BBLL:5euros, Non Socios:5Euros
*Bufanda Brigadas-> Socios BBLL:10euros, Non Socios: 12Euros

5 de maio de 2012

AZKAR LUGO-CARNICER BBLL PRESENTES





 As Brigadas Lucenses estibemos hoxe presentes no partido entre o Azkar Lugo e o Carnicer para apoiar ao futbol sala lugués.
Agradecer aos nosos compañeiros de "OS BUFONS" polo bon trato recibido

NOVAS CAMISOLAS A VENDA

Estarán a venda no Fondo Norte ao prezo de:
8Euros ->Socios Brigadas Lucenses
10Euros-> Non Socios