21 de maio de 2012

C.D.LUGO 1-0 EIBAR FOTOS










Belencoso fai soñar ao Lugo



Un solitario tanto de Belencoso, ao fío da media hora do segundo tempo, deulle a vitoria ao CD Lugo ante o Éibar no partido de ida da primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda, disputado este domingo no Ángel Carro.
O ariete branquivermello aproveitou unha indecisión entre a defensa e o porteiro do Éibar, e o seu remate permite ao Lugo soñar pensando no partido de volta, dentro dunha semana.
Foi un choque intenso e, en ocasións, tenso. Os visitantes demostraron que son un rival duro de pelar, e de feito os primeiros minutos xogáronse máis na área defendida polo local Diego Rivas que na de en fronte. Aos poucos, en cambio, o Lugo foise asentando no campo, aínda que o partido nunca tivo un dominador claro. Si tiveron máis ocasiones os lucenses, que nalgunha ocasión volvéronse a mostrar pelexados co gol, pero os vascos souberon contragolpear con perigo. Así as cousas, acabou decidindo unha ocasión illada, cando faltaban poucos segundos para o minuto 75.
O choque pode pasar factura aos lucenses. Carlos Pita retirouse lesionado ao pouco de comezar a segunda parte.
Aínda que o resultado é curto, o adestrador local, Quique Setién, recordou que no partido de volta "eles teñen que marcar polo menos un gol", o que non será "doado", avisou, mentres que os lucenses contarían co dobre valor dos tantos en campo contrario
20/05/2012 - El Progreso Digital (Lugo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario