2 de agosto de 2012
C.D.LUGO 0-1 DEPORTIVO HOMENAXE A ALVARO
O CD Lugo sacou boa nota no primeiro amigable ante un equipo de superior categoría, o Deportivo, que se impuxo grazas a un gol de Insua cun remate de cabeza á saída dun córner no minuto 51. Pero nun encontro como o de onte o resultado é o de menos. Como coincidiron ambos os adestradores á conclusión, o importante é ir afinando os instrumentos para que a partitura soe como debe cando comece a liga.
O partido correspondeu ao bo ambiente que se viviu onte no Ángel Carro, que case se encheu e ao que acudiron moitos afeccionados do equipo herculino. Quedou claro que en ambos os conxuntos quedan cousas por puír, pero tamén que contan con vimbias para loitar polos seus obxectivos.
01/08/2012 - M. R. / El Progreso Digital (Lugo)
Partido no que sacamos unha pancarta en homenaxe ao compañeiro Alvaro.
ALVARO D.E.P
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario