Dende as Brigadas
Lucenses Siareiros do Club Deportivo lugo queríamos denunciar
públicamente a desaparición de diverso material de animación do Estadio
Anxo Carro.
En tempadas anteriores xa sufriramos a “misteriosa desaparición” de
unhas 15 bandeiras estreladas días despois do encontró de Promocion de
Ascenso a segunda división que nos enfrontou ao Deportivo Alaves.
Nesta tempada 2013/14 sufrimos a retirada de unha pancarta por a CNP de
Lugo por motivos ainda por esclarecer xa que en ela non se emitia
nengunha mensaxe que incitara a tal violencia.
Na mesma tempada material da plataforma antirepresiva galega como
bandeiras e bufandas foron tamen sustraídas.
A gota que colmou o vaso foi o roubo en semanas pasadas da pancarta de
grupo que estaba colgada na rede do Estadio coma era tradición.
O roubo foi efectuado na madrugada do Domingo o Luns e foi quitada con
sutileza sen danar a rede.
Dende instancias do Clube deusenos tal información, queremos expresar o
malestar por estes e moitos outros feitos que levamos a vivir tempada
tras tempada.
Non sabemos os autores nen os motivos mais temos as nosas sospeitas, sen
mais queremos expresar que pese a estas e outras pedras no camino que
nos segan a poñer dende o grupo seguiremos a estar co club nos bos e
malos momentos coma ata o de agora nos caracterizou.
Forza Lugo. Brigadas Lucenses 2001.
Forza Lugo. Brigadas Lucenses 2001.
Ningún comentario:
Publicar un comentario