22 de decembro de 2015

Bilbao Athletic 1-1 CD LUGO

Membros de Siareiros Lugo estivemos en Bilbo no primeiro partido da historia do CD Lugo no novo San Mamés
Forza Lugo!







13 de decembro de 2015

CD LUGO 3-1 Ponferradina

Partillamos as imaxes da bancada durante o partido do pasado sábado:



 Despois do encontro varios membros de SL tiraron unha foto de despedida co central do Lugo Jon García, despedido esta semana pola directiva sen ser dados a coñecer aínda os motivos de xeito oficial.
Sexa como for, desde SL agradecemos a Jon o seu compromiso defendendo a camisola do CD Lugo, cumplindo as poucas veces que lle deron a oportunidade de facelo.
UN DE NÓS!

9 de decembro de 2015

NOVOS CHISQUEIROS DE SL

Desde Siareiros Lugos lanzamos á venda estes chisqueiros co deseño de "LUGO TERRA BRAVA".
Estarán á venda por só 1 € nos descansos do partido na nosa bancada ou nas previas.
Nos próximos días informaremos dos bares onde tamén haberá algunhas unidades para seren vendidas.
NON FIQUES SEN O TEU!




6 de decembro de 2015

GALIZA - SENEGAL

Após o parom do ano pasado, Siareir@s Galeg@s organiza mais umha jornada pola oficialidade das seleçons desportivas galegas.
Avante a seleçom galega. OFICIALIDADE!


29 de novembro de 2015

CD LUGO 1-1 Valladolid

Partido matutino con empate a 1 contra o Valladolid que coloca o CD Lugo 8º na táboa con 22 puntos
FORZA LUGO!




PD: Desde Siareiros Lugo queremos denunciar publicamente os feitos acontecidos nesta mañá no Fondo Norte, feitos semellantes aos que, por desgraza, levan tempo acontecendo en moitos campos do estado (incluído no Anxo Carro, especialmente nestas últimas dúas tempadas) e que atacan o dereito á liberdade de expresión das hinchadas dos diferentes clubes.

Hoxe, membros de Siareiros Lugo penduraron unha faixa coa lexenda "XUSTIZA PARA JIMMY" (3 palabras que non insultan a ninguén nin incitan á violencia) xa que mañá é o 1º aniversario do seu pasamento en Madrid.
Cando non pasaran nin 5 minutos estaba na nosa bancada un membro da seguranza privada do clube, 
O motivo de ordear retirala foi a arquinomeada "incitación á violencia".

Tras ordear retirar a faixa o xefe de seguranza ameazou un membro do grupo con que, en caso de volver pendurar a faixa, procederíase a sancionar o membro de SL con 3.000 € e o clube con outros 3.000, polo que se decidiu non pendurala máis durante o encontro para evitar esa sanción económica.









15 de novembro de 2015

LUGO-ELX + II FESTA DE SL

Esta xornada decorreu a II Festa de Siareiros Lugo reunindo unha parte do grupo e conseguindo quentar os motoroes para despois dar un alto nivel de animación na bancada, malia que non fose suficiente para que o Lugo lograra os 3 puntos. #FORZALUGO








2 de novembro de 2015

30 de outubro de 2015

II FESTA DE SIAREIROS LUGO

Xa ten data a II Festa de Siareiros Lugo, organizada e auto-xestionada polo grupo.
O acto terá lugar o vindouro 14 de novembro, na previa do  CD Lugo - Elxe nunha leira ao ar libre
(se chove poranse toldos) cuxo enderezo confirmarase mais adiante detallado nun mapa para que toda a xente anotada poida chegar ao lugar con facilidade
As actividades teñen o seguinte horario (orientativo):

-Ás 12h. Sesión Vermú
-Ás 14:30: XANTAR POPULAR POR SÓ 10 €    
    O MENÚ DO XANTAR será
  • Criollos e pan
  • Churrasco
  • Empadas
  • Tortilla caseira
  • Castañas
  • Viño / Auga / Cervexa...
-A partir das 16:00: Previa con barra a prezos populares, música e sorteos 

-Saída para o Anxo Carro a animar o equipo.

Contarase tamén cun postiño coas camisolas de SL á venda e un peto para doazóns que serán destinadas integramente á asociación "Jimmy Sempre Con Nós"

Podedes anotarvos dende xa mesmo en: 


  • As nosas redes sociais (Twitter e Facebook) mediante unha mensaxe privada
  • No enderezo electrónico: siareiroslugo1953@gmail.com 
  • Previa do Lugo-Tenerife na Calzada
  • Descanso do Lugo-Tenerife no Fondo Norte 
Estades convidados tanto peñas do CD Lugo como siareiros en xeral.
AGARDÁMOSVOS!
Organiza:
Siareiros Lugo-1953-


PD: Para quen queira ver as imaxes da primeira edición ten AQUÍ unha pequena escolma

19 de outubro de 2015

CD LUGO 1-0 D. Alavés

Imaxes da bancada durante o Lugo-Alavés con vitoria pola mínima do noso equipo
FORZA LUGO!






12 de outubro de 2015

CD LUGO 1-2 CÓRDOBA

Imaxes da bancada nesta primeira derrota na casa

FORZA LUGO!




14 de setembro de 2015

XA Á VENDA AS NOVAS CAMISOLAS

XA ESTÁN Á VENDA AS NOVAS CAMISOLAS DE ESTE INICIO DE TEMPADA
PODERANSE ADQUIRIR AO PREZO DE 1O € NAS PREVIAS OU NO DESCANSO NA NOSA ZONA DO FONDO NORTE.

NON FIQUES SEN A TÚA!!!



13 de setembro de 2015

CD LUGO 1-0 UD Almería

Importante vitoria do CD Lugo en casa ante un dos favoritos para o ascenso cun ambiente bastante animado na bancada.
Un 1-0 que nos coloca 4º na clasificación con 8 puntos.
FORZA LUGO!






8 de setembro de 2015

(SIAREIROS) LUGO COS GANDEIROS

PREZOS XUSTOS PARA O LEITE,LUGO COS GANDEIROS
Seguimos insistindo neste tema tan serio para o país, entendendo que o grupo, alén da súa principal función, que é a animación ao CD Lugo, tamén debe ser unha ferramenta de visibilización dos problemas sociais das clases populares galegas (e do resto do mundo, das cales formamos parte) e de intervención neles.

Chegou á cidade a reivindicación dos traballadores e traballadores dun dos sectores económicos estratéxicos da provincia e da Galiza, que é o sector gandeiro, o cal leva moito tempo sumido nunha crise estrutural provocada polos abusos das empresas pagando prezos moi por debaixo dos custos de produción e volvendo aplicar cotas lácteas semellantes ás que aplicaba a UE, que tanto costara eliminar no seu día.
Cotas e prezos que levan o sector gandeiro á ruína (En 1987 había por volta de 100.000 exploracións gandeiras na Galiza, fronte as 10.000 que hai agora, síntoma claro do detrimento ao que foi sometido o sector debido, en parte, aos motivos citados antes)

Como non podía ser doutro xeito, 
Siareiros Lugo quixémonos implicar tamén nesta loita, tanto por solidariedade cos gandeiros como pola repercusión que ten na nosa provincia e no país.
Para iso, sempre dentro das nosas posibilidades e limitacións, comezamos o traballo de visibilización e intervención no conflito, comezando a través das redes sociais partillando unha imaxe no facebook manifestando o noso apoio, imaxe que segundo as estatísticas chegou a unhas 15.000 persoas.
Despois elaboramos e mostramos unha faixa que manifestaba "SECTOR GANDEIRO SOLUCIÓN XA” durante o encontro CD Lugo – UE Llagostera, que ficou pendurada no estadio.

Onte comezamos tamén o traballo de intervención, amosando directamente a nosa solidariedade cos gandeiros pendurando dúas faixas na Muralla que rezaban “PREZOS XUSTOS PARA PARA O LEITE” “LUGO COS GANDEIROS” durante a asembleia da tractorada que tivo lugar onte á noite, que desenvocou nunha ovación por parte da xente alí congregada, a cal agradecemos de corazón.

Tamén dende o grupo mobilizámonos levando por volta de 50 sinaturas de membros de Siareiros á recollida das mesmas que levaron a cabo onte os organizadores da tractorada, recollida á que contamos con levar máis sinaturas nestes días.
Por último queremos anunciar a nosa intención de voltar a facer patente o noso apoio este domingo, en caso de non se cumpriren as reivindicacións dos gandeiros que están na cidade estes días.
POLO FUTURO DO SECTOR GANDEIRO. POLO FUTURO DE LUGO. POLO FUTURO DA GALIZA.
-Siareiros Lugo 1953-