
Vemos necesario facer un inciso para pedir a solidaridade cos compañeiros Santi e Xose que maña serán xulgados pola Audiencia Nacional. Compañeiros que estiveron con nós e nos mostraron o seu apoio nas últimas fases de ascenso que disputou o CD Lugo e que en innumerables ocasións estiveron na nosa grada. Agora é o momento de mostrarlles o noso apoio a eles, compañeiros que levan a espera dun xuizo dende decembro de 2007. Compañeiros que se lles xulga sen xuizo, compañeiros que están a centos de quilómetros do seu lar, compañeiros que son levados de prisión en prisión como reses de gando, compañeiros ós que se lles nega a fala, compañeiros que aturan dia tras dia constantes burlas e insultos por parte dos de sempre, compañeiros que aturan malleiras por parte das forzas do que se lle di democracia.
Sen mais, compañeiros que reciben paus por pensar e por defender a súa terra.
NEN DISPERSIÓN, NEN INCOMUNICACIÓNLIBERDADE
Ningún comentario:
Publicar un comentario