22 de outubro de 2009

VIAXES TEMPADA 08/09

LEÓN:

PONFERRADA:

PONTEVEDRA:
LLUANCO:
COMPOSTELA:

19 de outubro de 2009

CD LUGO 0-0 ALAVÉS

Quinto empate conseguido polo CD Lugo no que vai de campaña. Desta vez ante un Alavés moi inferior respecto ao que toda a xente se esperaba. Bo partido do noso equipo malia non conseguir os tres puntos. O Lugo sitúase sétimo na táboa con 14 puntos e a 4 do cuarto clasificado, o Celta B. Na vindeira xornada o Lugo visitará León para enfrontarse a unha Cultural en postos de descenso, o partido foi fixado o sábado ás 20:00 horas.

12 de outubro de 2009

LEMOA 2-2 LUGO

Empate do Lugo en Arlonagusia, ante un Lemoa que chegou a poñerse 2-0 no marcador. Antes de finalizar a primeira metada Poratti poñia o 2-1 e chegaria o empate a 13 minutos de finalizar o encontro con un gol de Maikel. Resultado positivo tendo en conta como comezou o partido que coloca o Lugo no quinto posto con 13 puntos e a espera de recebir no próximo partido no Anxo Carro a un histórico do fútbol o Deportivo Alavés que se atopa no terceiro lugar da clasificación.

6 de outubro de 2009

5 de outubro de 2009

CD LUGO 4-1 IZARRA


Vitoria por 4-1 conseguida onte no Anxo Carro que deixa ó Lugo a tan so un punto da promoción de ascenso. Comezou o Izarra con un gol de penalti mais o Lugo non se rendeu e Maikel con un remate coa testa poñia o empate no marcador. Mais tarde chegarían 2 goles dun impresionante Sergio que leva 6 goles en 2 partidos e finalmente chegaria o 4-1 realizado por un golazo de Marcos dende fora da área. Destacar a estabilidade no centro do campo, a seguridade de ter a Escalona nas redes e o bo partido de Xaime Noguerol. Con este equipo e xogando asi non seria nada raro conseguer meternos dunha vez en promoción despois de tantos anos.
Pola nosa banda escasa animación so na segunda parte un par de canticos, nótase que a alguns estalles a pesar forte a resaca das festas mais non é motivo para non acudir ó campo, esperemos que para o próximo encontro voltemos a animar ó noso equipo como se merece.

1 de outubro de 2009

SOLIDARIDADE CON SANTI E XOSE

Vemos necesario facer un inciso para pedir a solidaridade cos compañeiros Santi e Xose que maña serán xulgados pola Audiencia Nacional. Compañeiros que estiveron con nós e nos mostraron o seu apoio nas últimas fases de ascenso que disputou o CD Lugo e que en innumerables ocasións estiveron na nosa grada. Agora é o momento de mostrarlles o noso apoio a eles, compañeiros que levan a espera dun xuizo dende decembro de 2007. Compañeiros que se lles xulga sen xuizo, compañeiros que están a centos de quilómetros do seu lar, compañeiros que son levados de prisión en prisión como reses de gando, compañeiros ós que se lles nega a fala, compañeiros que aturan dia tras dia constantes burlas e insultos por parte dos de sempre, compañeiros que aturan malleiras por parte das forzas do que se lle di democracia.
Sen mais, compañeiros que reciben paus por pensar e por defender a súa terra.

NEN DISPERSIÓN, NEN INCOMUNICACIÓN
LIBERDADE