
Vitoria por 4-1 conseguida onte no Anxo Carro que deixa ó Lugo a tan so un punto da promoción de ascenso. Comezou o Izarra con un gol de penalti mais o Lugo non se rendeu e Maikel con un remate coa testa poñia o empate no marcador. Mais tarde chegarían 2 goles dun impresionante Sergio que leva 6 goles en 2 partidos e finalmente chegaria o 4-1 realizado por un golazo de Marcos dende fora da área. Destacar a estabilidade no centro do campo, a seguridade de ter a Escalona nas redes e o bo partido de Xaime Noguerol. Con este equipo e xogando asi non seria nada raro conseguer meternos dunha vez en promoción despois de tantos anos.
Pola nosa banda escasa animación so na segunda parte un par de canticos, nótase que a alguns estalles a pesar forte a resaca das festas mais non é motivo para non acudir ó campo, esperemos que para o próximo encontro voltemos a animar ó noso equipo como se merece.
Ningún comentario:
Publicar un comentario