O duelo no cumio de Segunda B terminou sen que se movesen os marcadores. O líder, o Lugo, arrincou un 0-0 da súa visita ao campo do ata agora segundo, o Albacete, nun partido que xuntou a unhas 6.000 persoas nas bancadas do Carlos Belmonte, que en tempos foi campo de Primeira División.
Os dous equipos evidenciaron que non querían perder. Foron os locais os que tiveron máis ocasións, aínda que os lucenses mostráronse máis perigosos. Belencoso, a principal referencia en punta do CD Lugo, tivo varias oportunidades de marcar, pero todas quedaron frustradas, en especial na primeira metade.
Na segunda, en cambio, o perigo foi do Albacete. Así, cando o gol estivo máis cerca foi no minuto 80, cando a Diego Rivas, o sempre seguro porteiro do CD Lugo, escapóuselle o balón. A porta baleira, o local Tete foi incapaz de marcar. Eran minutos de abafo para os visitantes, que nos últimos víronse encerrados na súa área.
Con este resultado, o CD Lugo mantense como único equipo invicto do grupo primeiro da Segunda B e seguirá de líder polo menos dúas semanas máis, xa que avantaxa en catro puntos a un Tenerife que nesta xornada superou con claridade ao Raio Vallecano B. A próxima semana, o CD Lugo encara o seu segundo derbi rexional da tempada, pois recibe ao Coruxo.
23/10/2011 - El Progreso Digital (Lugo)
Holaaaa, queria facervos unha suxerencia, a ver se adaptades esta canción pa animar o lugo, esta moi ben, usana moitos equipos entre eles o depor e pode soar moi ben, deixobos o enlace do youtube e a letra
ResponderEliminarDaría mi vida,
Daría lo que fuera,
Por ver a mi Depor (Lugo) jugar en (segunda) primera,
Por eso yo sigo apoyando al equipo,
vayas donde vayas estaremos contigo...
Esta aficiooooooooooon,
Te hará campeoooooooooooooon
http://www.youtube.com/watch?v=MKZCrbCE-QQ