13 de abril de 2012

De batalla en batalla


O CD Lugo intenta esquecer o pau que sufriu o pasado domingo ante o Castela e pensar só no importante partido que disputará o vindeiro domingo (13.00 horas, Heliodoro Rodríguez López) fronte ao CD Tenerife. Así o aclara Quique Setién. «Non vou dicir que o vestiario estea do todo ben, que se recuperou, pero está mellor. Para o domingo chegaremos en perfectas condicións, eu creo que foi un pau excesivo. Todo o mundo é consciente de que esa diferenza non é a real, pero un resultado tan avultado e contra un rival directo debilítache», admite.

O Tenerife, que é terceiro a un punto do Lugo, vén de cambiar por segunda vez de adestrador. «Incluso co anterior técnico estariamos ante un partido moi complicado porque é un gran equipo que quizais estea angustiado pola necesidade, pero realmente ten un potencial extraordinario. Ademais, estarán moi arroupados polo seu público, pero tamén somos conscientes da presión que teñen e que se as cousas non lles van ben quizais lles poida afectar máis o nerviosismo ou a necesidade. É un partido difícil, tanto para eles como para nós», apunta
12/04/2012 - Cordido / El Progreso (Lugo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario