2 de decembro de 2012

LUGO 1 - 2 BARÇA B




Hoxe dende Brigadas quixemos ter un pequeno xesto coa  xente a que lle foi prohibida a entrada con estreleiras no campo do Obradoiro, enchendo o fondo de bandeiras galegas.




O CD Lugo perdoou demasiado e volveu pagalo este sábado ante un Barcelona B que acabou remontando un gol para imporse por 1-2. Os xogadores de Setién tiveron ocasións dabondo para gañar con contundencia, pero non pecharon o partido e o arxentino Araújo, por dúas veces, acabou por darlle a volta ao marcador.
Os branquivermellos foron os primeiros en golpear. Chegaron a maniatar á filial culé cun bo xogo. Pablo Álvarez foi o que recolleu os froitos no minuto 19, culminando unha combinación con De Coz. Despois, o Lugo tivo máis ocasións, tanto na primeira parte como na segunda, buscando ampliar a vantaxe. Pero o que ocorreu foi o contrario.
Cando se cumpría a media hora da segunda parte, Araújo, que levaba dez minutos no campo, culminaba un contraataque perigoso dos azulgrana. Pouco despois, o árbitro anulaba un gol a Tonetto, e seis minutos despois, no 86, Araújo culminaba outro bo pase desde a esquerda co seu segundo gol. Foi un golpe mortal para un Lugo que xa non tivo claridade para polo menos empatar.
O peor do resultado é que deixa ao CD Lugo en situación perigosa, a tres puntos do primeiro posto da zona de descenso. Esa posición ocúpaa un Rácing de Santander que xoga este domingo en casa ante o Almería, que será, precisamente, o próximo rival ao que renderá visita o CD Lugo.
01/12/2012 - El Progreso Digital (Lugo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario