O conxunto lucense manexou o balón na primeira parte e o partido na segunda, unha vez que Óscar Díaz, nun contragolpe, puxo o marcador ao seu favor.
A UD Almería tivo serios problemas para dominar o balón, que foi do
Lugo na primeira metade. Aos branquivermellos faltáronlle ideas para
superar o bo xogo do conxunto de Quique Setién, cun bo traballo
defensivo e que ademais mantivo o tipo en ataque, aproveitando as
entradas por banda dereita de Pablo Álvarez.
No minuto 5, unha entrada do exdeportivista cortada en falta acabou con esta sacada e o remate de cabeza de Pavón detívoo Esteban.
Pasado o primeiro cuarto de hora respondeu o Almería con chegada, pero sen consistencia. Charles, no minuto 13 e logo, aos 28 minutos, o brasileiro tampouco acertou en cesión de Carlos Calvo.

Na segunda metade, aínda que o cadro de Graza deu o primeiro aviso
(minuto 48), con remate de Charles que sacou a córner Víctor Marco, o
perigo contado púxoo o conxunto de Quique Setién que, no minuto 63, nun
contragolpe no que a defensa local colaborou cunha branda actitude,
aproveitárono os Díaz para marcar. Víctor Díaz, que entrou de resfresco,
plantouse ante Esteban e púxolla a Óscar Díaz para que marcase a
pracer.
A partir de aí, présas branquivermellas e tranquilidade nos galegos, que non deixaron ocos polos que facer dano, a pesar da presenza de xogadores con vocación ofensiva como Charles, Ulloa, Jonathan e Abel, ante un Lugo que consegue a súa primeira vitoria a domicilio na liga.

A partir de aí, présas branquivermellas e tranquilidade nos
galegos, que non deixaron ocos polos que facer dano, a pesar da presenza
de xogadores con vocación ofensiva como Charles, Ulloa, Jonathan e
Abel, ante un Lugo que consegue a súa primeira vitoria a domicilio na
liga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario