
Comezou onte o día coa churrascada de BBLL onde a partires da 1 e media da tarde, xa se tiña a carne ó lume., mentres uns privaban polos alrrededores. Ás 2 chegaban os últimos asistentes, tres membros de brigadas e dous colegas do bierzo que estiveran antes tomando algo polar rúas do casco vello.
Polo tanto empezouse a comer a partires das 2 gostábamos de criollos, hamburguesas, costelas e unhas tortillas. Cando xa tiñamos o bandullo cheo tomámoslle uns chupitos dun bo licor café ourensán. Estivemos ali privando e cantando ata as 5 da tarde que tiramos para o Anxo Carro mentras seguíamos cantando e bebendo.
Entramos ó campo e os de azul empezaron ó seu, múltiples identificacións, rexistros e insultos, cebaronse especialmente cunha rapaza, e cun rapaz novo do grupo, coma sempre tómana contra o aparentemente máis débil, con ameazas, burlas, provocacións chegáronse a escoitar frases coma “rojo de mierda” ou “galleguistas de mierda” así é o verdadeiro Estado de dereito que nos pretenden vender na que os paus sempre caen para os mesmos.
Boa animación na primeira metade a pesares de que o marcador sempre foi en contra nosa (1-4 ó finalizar a primeira metade).
Na segunda metade producíase a detención de catro persoas na nosa bancada que foron levados ata dependencias policiais. Como consecuencia disto retirouse a pancarta inmediatamente e cesou a animación algúns membros do grupo tamén abandoaron a grada. Dende Brigadas dar todo o noso apoio os detidos ós que se lles imputan tres multas de 3000 euros e unha de 30000.
ERGUE A TESTA PROTESTA, E DESPOIS MATA Ó LOBO
No recanto deportivo a Deportiva vence por 2-4 nun encontro onde o CD Lugo xogou totalmente desfeito e desorganizado, novo fracaso na casa que demostra a fatal planificación que se fixo nesta tempada. Tamén felicitar á afeción da Ponferradina que ó rematar o partido no que tódolos bercianos berraban ó unísono “Lugo, Lugo” que foron respostados por “Deportiva, Deportiva” por parte da afeción local, houbo moi bo rollo entre as dúas aficións durante todo o encontro, e anteriormente nas rúas da cidade.
