
CD LUGO: Javi Muñoz, Moncho, Aira, Germán (Losada, min. 67), Manu, Pablo Ruiz, Durán, Tornero, Mauro, Noguerol (Arroyo, min.81), Sergio.
SD LEMOA: Alkalde, Gago, Fran Pérez, Alain González, Ameazaga, Guereño, Valín (Uranga, min. 70), Gusi, Alain Arroio (Cid, min. 83), Huegún (León, min. 46).
Por fin os 3 puntos quedáronse nas mans do C.D. Lugo, ante un equipo o Lemona que parecía que se conformaba co empate e dedicouse a perdelo tempo dende o primeiro minuto de xogo.
No primeiro tempo o Lugo foi superior e tivo varias oportunidades destacando a de Moncho no minuto 24 e unha de Sergio xa no minuto 36.
Mentres que na segunda metade encontrámonos con mais do mesmo o Lemona perdía o tempo e o Lugo intentaba chegar ata o gol, que chegaría posteriormente no minuto 88 por parte de Tornero que cun cabezazo, tras un centro de Rubén Durán, batía a portería defendida por Alkalde. E o partido finalizava con 1-0 a favor do C.D. Lugo.
Pola nosa parte constante animación durante todo o encontro, e xa co partido rematado seguimos 15 minutos cantando nas xa baleiras gradas do Anxo Carro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario