23 de marzo de 2009

CD LUGO 3-0 ERREALA "B"



fotografía extraída da web do CD Lugo www.cdlugo.com

Vitoria por 3 goles a 0 do CD Lugo ante o filial do conxunto donostiarra no estadio Anxo Carro.
No minuto 20 da segunda parte, Germán facia o 1-0 para o equipo roxibranco, co que se chegaría ao descanso.
Nada mais empezar a segunda metade, no minuto 47, Xaime Noguerol deixaballe en bandexa o 2-0 a Losada. Mais tarde no minuto 55 subía o marcador o 3-0 final por parte do verinense Xaime Noguerol que foi o xogador clave nesta vitoria do Lugo.
Remata o encontro e 3-0 no marcador, esta vitoria coloca ao Lugo na posición 13ª a 10 puntos sobre o descenso e a 7 dos postos da fase de ascenso.
Lamentar a morte do periodista José Alonso socio do Lugo e presidente da Peña Piño Quiroga, e do pai dun brigadas e tio de outro que foi enterrado onte ás 4 e media da tarde e polo cal non tivemos moita presenza na grada ata a segunda metade.
Pola nosa banda non podemos dicir que foi un bo día, tivemos unha animación bastante irregular tirando a mala, soamente salientar os berros que lle dedicamos o segundo entrenador do Lugo, Juan Peón, que nos partidos se dedica a chamarnos borratxos e drogadictos entre outras lindezas emulando así o seu director deportivo. Lamentable o deste señor que onte se dedicou a facernos xestos despois dos berros en vez de atender ó partido, E por esto é polo que lle pagan 20.000€ traballando a media xornada??
Este mércores haberá xornada de liga ante o Guijuelo no seu feudo esperemos acadar unhos puntiños e así alonxarnos pouco a pouco do descenso que é o que nos queda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario