26 de marzo de 2009

CD LUGO 0-0 GUIJUELO

O Lugo consegueu un punto na súa visita a Guijuelo, nun partido frío disputado na noite do mércores.
Comezaba o encontro cun disparo de Ballesteros (máximo goleador da categoría) que detén Javi Muñoz que voltaba a portería despois de dous encontros. Na segunda metade o Guijuelo botábase adiante, pero o Lugo tivo varias ocasións de gol todas salvadas polo gardarredes local Escalona. No último minuto do partido produciuse unha xogada, na que os locais protestaron unha suposta man dentro da área que supuxo a vermella directa para o capitán local, Mangas.
Polo tanto remata o partido e 0-0 no marcador ,
este resultado coloca ao Lugo no 13° en terra de naide da clasificación a 8 puntos dos postos de ascenso e a 10 do descenso.
Para a próxima xornada esperamos a SD Ponferradina nun encontro que se disputará o domingo 29 ás 18:00 horas. Brigadas Lucenses organizará unha churrascada-barrilada na que esperamos os nosos camaradas do Bierzo que tan ben se portaron con nós no partido de ida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario