16 de marzo de 2009

SESTAO RIVER 3-0 CD LUGO


Derrota do Clube Deportivo Lugo por 3 goles a 0 (a máis alta a domicilio no que levamos de tempada) no campo das Llanas en Sestao ante o Sestao River.
Comezaba a tarde cun gardameta do Lugo, Javi Muñoz (que ata agora levaba disputado tódolos partidos da liga), sen poder superar as probas físicas do quecemento, polo que por fin lle chegaba a hora ao vilalbés Viusky de debutar na 2ªB.
No minuto 5 da primeira metade, o colexiado sinálalle un penalti a Yartu que fora derribado por Viusky. O penalti transformado por Basagoiti acaba en gol, e convirtese no primeiro tanto do encontro.
O conxunto sestaoarra controlaba facilmente o xogo e no minuto 21 chega o segundo gol do River por mans de Jokin tras unha xogada a balón parado.
Xa na segunda metade intentase buscar a remontada pero non se consegue, pese a varias xogadas de perigo para o Sestao protagonizadas por Mauro Poratti e Alberto García.
A 15 minutos de finalizar o encontro chega o terceiro tanto para a equipa local, Etxave gañalle a espalda aos centrais roxibrancos e pon o 3-0 no marcador tras batir a Viusky.
Finaliza o encontro e o Lugo queda a 8 puntos do descenso directo, e inda quedan por xogar nas vindeiras semanas difíciles encontros contra Ponferradina e Pontevedra. Recordemos que esta derrota é ante un equipo aparentemente inferior posto que conta con menos da metade do presuposto do Lugo, estamos acabando a temporada cun obxectivo de non ascender é do presuposto do CD Lugo(1.200.000€) 600.000 están destinados ós soldos dos xogadores (o ano pasado con un presuposto relativamente inferior loitabamos por meternos na fase de ascenso). Fatal planificación da tempada por parte do cacique-director deportivo Carlos Mouriz culpable de toda esta situación que estamos a vivir día tras día no CD Lugo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario