13 de setembro de 2011

HISTORIA DO CLUBE DEPORTIVO LUGO

O Club Deportivo Lugo creouse en xuño de 1953, despois de que desaparecesen, consecutivamente, os dous equipos que ata entón ostentaran a representación do fútbol local, a Ximnástica Lucense, disolta en 1952 e que militou en Segunda División A durante tres tempadas, e o Club Deportivo Polvorín, desaparecido en 1953 por motivos económicos.

O novo C.D. Lugo iniciou a súa andadura, baixo a presidencia de Emilio Núñez Torrón en Terceira División, a mesma que a temporada anterior ocupara o P
olvorín, e mantívose alí durante 19 tempadas consecutivas, pois en 1972 quedou no posto 16 do seu grupo e debeu xogar a promoción de permanencia fronte ó Pegaso madrileño. Un empate a 0 na ida, no vello Anxo Carro (avda. Coruña) e un 3-0 en contra en Madrid levaron ó equipo a Rexional, sendo presidente o Sr. García Pena e adestradores Pontoni I e García Balado. O regreso foi inmediato, pois na tempada 1973-74 o equipo estaba xa en Terceira, ascenso conseguido con Alfonso Pintos de adestrador.

Novo Anxo Carro
Nesta nova etapa en Terceira construíuse o actual estadio Anxo Carro, que se inaugurou o 31 de agosto de 1974, cun torneo triangular no que participaron, xunto ó C.D. Lugo, o C.D. Lemos e o Deportivo de A Coruña. O C.D. Lugo venceu ó Lemos na tanda de penaltis e perdeu a final col Deportivo por 1-0.

O ascenso aínda se resistiría c
atro tempadas máis, pero chegou en 1978, con Manolín como adestrador, aínda que foi por pouco tempo. A Segunda B era entón máis difícil que a actual, só había dous grupos, e non catro como agora, e o C.D. Lugo baixou de novo a Terceira. Manolín seguiu adestrando ó equipo, pero en 1980 García Pena deixou a presidencia, que pasou a ocupar Manuel Illán.

En 1986, o equipo regresou a Segunda B, sendo o seu adestrador Ramón Segura e o seu presidente Amador Real.

Tempada en Segunda A
En 1990-91 o equipo xogou a promoción de ascenso a Segunda A, pero sen éxito, que si chegaría ó ano seguinte, no que supón o maior logro do C.D. Lugo na Liga. Era adestrador Xuli
o Díaz e presidía o club Xosé Núñez. Naquela promoción o C.D. Lugo superou nunha liguilla ó Estremadura de Almendralejo, que tres anos máis tarde chegaría a Primeira, ó Elche e ó Sant Andreu, de Barcelona, máximo favorito ó ascenso. A celebración prolongouse ata a madrugada, con baño colectivo na Fonte do Rei incluído.

Mais a estancia en Segunda A resultou efémera. Só durou un ano nunha complicada tempada que iniciou Xulio Díaz no banco e terminou Rodríguez Vaz.

De novo en Segunda B
Esa situación provocou tamén, co tempo, convulsións na xestión. En 1993/94 Xosé Núñez dimitiu, e toda a Directiva con el. O club foi rexido por unha Xunta Xestora que presidiu Xulio Pardo e o 2 de decembro proclamouse presidente a Luis Castro, ata entón médico do equipo. Era o seu vicepresidente Francisco Herrera.

Mais esta xestora durou só uns meses, sucedéndolle outra xestora que estivo presidida por Salvador Fernández Somoza
e que dirixiu ó club durante dúas temporadas, disolvéndose despois de convocar eleccións á presidencia, proceso no que resulta elixido Eliseo Corral Veiga, tomando posesión do cargo o 25 de abril de 1996.

Na tempada 1998-99 conséguese un destacado logro deportivo, chegar á final da Copa Federación. O título escapouse na última eliminatoria, fronte ó Rácing de Santander, pero en calquera caso supuxo un dato de relevancia no palmarés do equipo.

Na tempada 2002-2003, o C.D. Lugo finalizou a liga no antepenúltimo posto, descendendo a Terceira división. Despois de acabar a campaña 2003-2004 no sexto posto; a xunta presidida por Eliseo Corral Veiga presentou a súa dimisión na asemblea de socios do 3 de xuño de 2004. Nesa mesma asamblea, catro socios (Xaime Dapena, Delio López Dobao, Manuel Celso Matalobos e Pepe Garalva) formaron unha xunta xestora provisional que funcionou ata o 18 de xuño dese mesmo ano, no que se produciu o traspaso de poderes á nova xunta directiva, presidida por José Bouso Alvite.

En xuño do 2005, o C.D. Lugo xogou a promoción de ascenso a Segunda división B, superando na primeira eliminatoria ó Ribadesella C.F.; pero caendo derrotado na segunda eliminatoria ante o Real Valladolid B, perdendo 4-1 no estadio José Zorrilla e empatando a ceros no Anxo Carro. Mellor sorte acompañou ó equipo, adestrado por Juan Fidalgo, a tempada seguinte na que se conseguiu ascender despois de vencer na promoción de novo ó Ribadesella F.C. ( 1-1 en Oreyana; 3-2 no Anxo Carro) e á Gimnástica Segoviana ( 3-1 en Lugo; 1-1 no estadio de La Albuera).
Despois de dúas tempadas quedando entre os dez primeiros da categoría de bronce, a xunta directiva capitaneada por José Bouso finalizou o seu mandato e abriuse un proceso electoral. Ante a falta de candidaturas, o ata entón presidente presentou a súa, acompañado dun equipo directivo renovado case por completo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario