
O Lugo suma os seus partidos por vitorias, e no seu terceiro encontro da liga de Segunda B impúxose no campo do Oviedo (1-2), que é un dos equipos máis fortes do grupo primeiro.
Non foi unha vitoria fácil, nin moito menos. Os homes de Quique Setién, que querían "desquite" pola derrota na Copa, esperaron aos seus rivais con tranquilidade, e os repetidos ataques locais estrelábanse contra a ordenada defensa branquivermella. O Lugo contragolpeaba con perigo, e nun dos seus achegamentos á área local produciuse un penalti, que permitiu que Manu adiantase aos visitantes no minuto 43.
Na segunda metade, o Oviedo encerrou ao Lugo na súa área, pero sen froito. Ata que no minuto 88 Moré logrou facer frutificar unha das acometidas locais e puña o 1-1 no marcador. Pero pouco durou a alegría nas bancadas locais, porque catro minutos despois, xa no desconto, o defensa do Lugo Claudio Monti marcaba de cabeza, coa 'axuda' do porteiro local, o 1-2 definitivo.
O Lugo suma tres vitorias noutros tantos partidos e ten un encontro pendente, ante o Atlético de Madrid, que xogará o mércores 14 en casa. En caso de vencer, os branquivermellos serían lideres en solitario.
11/09/2011 - El Progreso Digital (Lugo)
Forza Lugo Ostia!!
ResponderEliminar