15 de setembro de 2011

Un líder impecable e sufridor



O CD Lugo colocouse este mércores líder en solitario do grupo primeiro da Segunda División B, tras derrotar a un Atlético de Madrid que lle puxo moi complicadas as cousas aos branquivermellos (2-1) e que fixo temer pola vitoria cun gol nos últimos minutos.

O equipo de Quique Setién sufriu moito para gañar, pero o 2-1 final permítelle converterse no único equipo do grupo que non perdeu un punto, pois suma catro vitorias noutros tantos partidos.

Os lucenses encarrilaron pronto o partido, cun tanto de Berodia no minuto 12. Despois, chegaron momentos de aprietos, e a lesión de Pita, con problemas nun xeonllo, que foi substituído por Javi Rei poucos minutos despois do 1-0. Esa circunstancia aproveitouna o rival para irse arriba e buscar a igualada.

O partido, aprazado da xornada terceira, acabouno pechando outro xogador que entrou de refresco, Luismi. Levaba catro minutos no campo, tras substituír a Isma, cando culminou un contrataque, culminado por Quero. Era o minuto 79 e o gol servía para matar un partido que naquel momento dominaban as filiais do Atlético, aínda que con fallos claros na finalizaci. Un tanto de Gerardo xa no desconto volvía levar a inquietude ás bancadas locais, pero os homes de Pantic xa non tiveron tempo para máis.


Ningún comentario:

Publicar un comentario