15 de decembro de 2012

CD LUGO 3-2 R.MADRID





O CD Lugo impúxose este venres ao Real Madrid Castilla por 3-2, nun intensísimo partido decidido por un gol dun canteirán do Madrid, precisamente: Fran Sol.

O tanto do ariete formado na Fábrica serviu para romper o empate que subira ao marcado outro home xurdido da factoría madridista, Óscar Díaz.
Ademais de intenso, este Lugo-Castilla, que abría a décimo oitava xornada na Segunda División, viviu unha serie de cousas fóra do normais. Por exemplo, o CD Lugo abriu o marcador cando aínda había afeccionados sentándose. Fíxoo Víctor Díaz no minuto 2. Se o gol branquivermello foi bonito, non o foi menos o de Jesé cinco minutos despois, de tacón. O porteiro branquivermello, este venres José Juan, pouco puido facer.
O Castilla adiantouse con outro bonito gol no 36, por medio de Juanfran. E cando parecía que o Lugo se ía a ir ao descanso en desvantaxe, chegou un penalti por derriba de Óscar Díaz, que o propio canteirán do Madrid converteu no empate.
Na segunda parte só houbo un gol, pero os afeccionados puideron gozar co xogo dun Lugo que foi a por o partido e que dominou claramente aos homes de Alberto Toril. O gol de Fran Sol a cinco minutos para o final, o primeiro que logra coa camiseta branquivermella, foi o colofón apropiado. Sol saíu na segunda parte, igual que o fixo Iván Pérez, a última fichaxe local.
Desta forma, os homes de Setién suman a súa segunda vitoria consecutiva en vésperas dunha complicada visita a Sabadell. Será máis complicada aínda porque o CD Lugo non poderá contar cos seus dous centrais titulares, xa que Pavón e Víctor Marco foron amoestados este venres.  14/12/2012 - El Progreso Digital (Lugo)

9 de decembro de 2012

Vitoria ante un grande

A UD Almería perdeu o seu primeiro partido en casa da tempada, ante un Lugo que chegou dando mostras da súa capacidade para adaptarse aos "grandes" da categoría e que o fixo na capital almeriense conseguindo un xusto resultado.
O conxunto lucense manexou o balón na primeira parte e o partido na segunda, unha vez que Óscar Díaz, nun contragolpe, puxo o marcador ao seu favor.
A UD Almería tivo serios problemas para dominar o balón, que foi do Lugo na primeira metade. Aos branquivermellos faltáronlle ideas para superar o bo xogo do conxunto de Quique Setién, cun bo traballo defensivo e que ademais mantivo o tipo en ataque, aproveitando as entradas por banda dereita de Pablo Álvarez.
No minuto 5, unha entrada do exdeportivista cortada en falta acabou con esta sacada e o remate de cabeza de Pavón detívoo Esteban.
Pasado o primeiro cuarto de hora respondeu o Almería con chegada, pero sen consistencia. Charles, no minuto 13 e logo, aos 28 minutos, o brasileiro tampouco acertou en cesión de Carlos Calvo.
Na segunda metade, aínda que o cadro de Graza deu o primeiro aviso (minuto 48), con remate de Charles que sacou a córner Víctor Marco, o perigo contado púxoo o conxunto de Quique Setién que, no minuto 63, nun contragolpe no que a defensa local colaborou cunha branda actitude, aproveitárono os Díaz para marcar. Víctor Díaz, que entrou de resfresco, plantouse ante Esteban e púxolla a Óscar Díaz para que marcase a pracer.
A partir de aí, présas branquivermellas e tranquilidade nos galegos, que non deixaron ocos polos que facer dano, a pesar da presenza de xogadores con vocación ofensiva como Charles, Ulloa, Jonathan e Abel, ante un Lugo que consegue a súa primeira vitoria a domicilio na liga.
A partir de aí, présas branquivermellas e tranquilidade nos galegos, que non deixaron ocos polos que facer dano, a pesar da presenza de xogadores con vocación ofensiva como Charles, Ulloa, Jonathan e Abel, ante un Lugo que consegue a súa primeira vitoria a domicilio na liga.

6 de decembro de 2012

Á venda as entradas para o Galicia-Kurdistán

Siareir@s Galeg@s saca á venda as entradas para o partido de fútbol de Galicia contra Kurdistán o 29 de decembro en Pontevedra. Os afeccionados completan o encontro cunha seria de actos lúdicos e reivindicativos.

A entrada para a Xunquiera vale só 5 euros. 15 euros terán que abonar os que, ademais, queiran acudir ao concerto. O grupo de afeccionados Siareir@s Galeg@s organizará o partido contra Kurdistán o 29 de decembro en Pontevedra.

As entradas pódense mercar nestes centros sociais:

Compostela: C.S. Gentalha do Pichel (Rua Santa Clara, 21)

A Coruña:  Faluya (Orzam, 75)

Ourense: Vagalume (Rúa Cabeza de Manzaneda, 3) e Grandola (Praza de San Marcial, 1)

Lugo: C.S. Madialeva (Manuel Amor Meilán, 18)

Pontevedra: C.S. Revira (Gonzalo Gallas, 4)

Vigo: C.S. Revolta (Real, 32) C.S. Faisca (Toledo, 9)

Trasancos: Fundaçom Artabria (Travesa de Batallóns, 7)

2 de decembro de 2012

LUGO 1 - 2 BARÇA B




Hoxe dende Brigadas quixemos ter un pequeno xesto coa  xente a que lle foi prohibida a entrada con estreleiras no campo do Obradoiro, enchendo o fondo de bandeiras galegas.




O CD Lugo perdoou demasiado e volveu pagalo este sábado ante un Barcelona B que acabou remontando un gol para imporse por 1-2. Os xogadores de Setién tiveron ocasións dabondo para gañar con contundencia, pero non pecharon o partido e o arxentino Araújo, por dúas veces, acabou por darlle a volta ao marcador.
Os branquivermellos foron os primeiros en golpear. Chegaron a maniatar á filial culé cun bo xogo. Pablo Álvarez foi o que recolleu os froitos no minuto 19, culminando unha combinación con De Coz. Despois, o Lugo tivo máis ocasións, tanto na primeira parte como na segunda, buscando ampliar a vantaxe. Pero o que ocorreu foi o contrario.
Cando se cumpría a media hora da segunda parte, Araújo, que levaba dez minutos no campo, culminaba un contraataque perigoso dos azulgrana. Pouco despois, o árbitro anulaba un gol a Tonetto, e seis minutos despois, no 86, Araújo culminaba outro bo pase desde a esquerda co seu segundo gol. Foi un golpe mortal para un Lugo que xa non tivo claridade para polo menos empatar.
O peor do resultado é que deixa ao CD Lugo en situación perigosa, a tres puntos do primeiro posto da zona de descenso. Esa posición ocúpaa un Rácing de Santander que xoga este domingo en casa ante o Almería, que será, precisamente, o próximo rival ao que renderá visita o CD Lugo.
01/12/2012 - El Progreso Digital (Lugo)

29 de novembro de 2012

Programaçom para o 29 de dezembro em Ponte Vedra


Mais um ano a Junta em maos do PP segue sem convocar o partido amigável de nadal da Selecçom Galega de futebol e, mais um ano, desde Siareir@s Galeg@s voltamos tomar a iniciativa de suplir este desleixo para com o nosso desporto organizando as jornadas de dezembro. Mas este dia festivo e também de luita nom pretende simplesmente suplir o insuficiente jogo amigável que a nossa selecçom vinha jogando umha vez ao ano, senom que reivindica o nosso primeiro objectivo: a total oficialidade das nossas selecçons desportivas, em pé de igualdade com a de qualquer outro país do mundo. De aí a legenda escolhida este ano: Duas naçons, um objectivo: oficialidade!
Como cada ano, aproveitamos a liberdade que nos dá nom depender das instituiçons para elegir um companheiro de jogo que nos dea a oportunidade de solidarizarmo-nos com a sua causa, que é a mesma que a nossa. Este ano o partido jogarase contra a selecçom oficial do Kurdistám, umha naçom também negada e que sofre diariamente a repressom de quatro estados diferentes, nomeadamente do turco. Com este rival, desde Siareir@s Galeg@s queremos dar-lhe voz ao povo kurdo e estreitar os laços de irmandade entre os nossos países.
Com a forte crise sistémica que padecemos, com as vontades do povo catalám e basco superando os límites da Carta Outorgada do 78 e a autonomía galega morta por inaniçom, o Estado das Autonomías nascido da segunda transiçom bourbónica está chamado a desaparecer. Desde as forças centralistas espanholas sabe-no bem, e nos últimos tempos o desporto foi utilizado como umha das suas principais armas para manter essa suposta “unidade” e “sentimento nacional espanhol”.
Com os mass media do reino trabalhando arreo em dar-lhe publicidade aos êxitos desportivos de La Roja, às vezes semelha que os galegos nom existimos. Semelha que toda essa gente que se indignou quando as ruas se tinguiam da cor do sangue mentres desde Moncloa se preparava umha reforma laboral nom tenhem voz. As galeguinhas ficavamos caladas.
Mas nom é certo. Somos muitas as galegas que exercemos a nossa identidade no dia a dia, também no ámbito desportivo, e este 29 de dezembro teremos umha oportunidade de amosar a nossa indignaçom na manifestaçom nacional que percorrerá as ruas de Ponte Vedra antes do partido. Mas também temos oportunidade de desfrutar e trabalhar em positivo com o partido Galiza – Kurdistám. Ou com o clássico aberto de bilharda. Ou a demostraçom de futebol gaélico, esse desporto celta que está arrasando no nosso país. Ou escuitando a nossa música e a doutros países com os concertos de Cé orquestra pantasma, Rebeliom do Inframundo, Arenga, Falperrys e Berri Txarrak.
Desde Siareir@s Galeg@s animamos-vos a todas as que queredes ver a nossa selecçom jogando o mundial a vir a Ponte Vedra o 29 de dezembro. Umha naçom, umha selecçom!
UMHA NAÇOM, UMHA SELECÇOM!


18 de novembro de 2012

LUGO 1-2 GIRONA







O Xirona alcanzou este sábado o liderado da liga Adelante, á espera do resultado que cultive o seu próximo rival, o Elxe, este domingo ante o Alcorcón, con dous remates de cabeza, practicamente as súas únicas ocasións, que lle serviron para cortar o refacho do Club Deportivo Lugo (1-2) no Anxo Carro, onde os branquivermellos sacaran adiante os tres partidos anteriores.

O Lugo levou o peso do xogo, pero ao Xirona bastáronlle dúas poutadas. Un deles foi aos oito minutos, no seu primeiro achegamento con perigo á portería de Yoel, ao que bateu Acuña, sen oposición desde o segundo pau, cun cabezazo a centro de Jandro.
O cadro local tomou as rendas do partido, pero sen callar as ocasións. Unha falta que executou Pablo Álvarez e rozou o poste da portería de Dani Mallo e un saque de esquina que cabeceou Rubén Durán foron as mellores ocasións do Lugo antes do descanso sobre un céspede en mal estado pola choiva e que non facilitou o xogo dos de Quique Setién.
O Lugo colleu forzas no tempo de reflexión, buscou o gol con ocasións de Pita, Pablo Álvarez e Óscar Díaz e logrou o empate a falta de 22 minutos para o final cun tanto de Iago Díaz, que se estreou como goleador na liga Adiante aínda en idade xuvenil.
O coruñés Dani Mallo evitou o segundo dos lucenses tras un lanzamento de falta raso de Pablo Álvarez e o que menos expuxo no Anxo Carro, o Xirona, atopou o premio do gol no seu segundo remate entre os tres paus. Corría o minuto 76.
 17/11/2012 - Agencias (Lugo)

1 de novembro de 2012

Yoel Rodríguez, porteiro do CD Lugo: “Gostaria de poder jogar na seleçom porque é um orgulho para qualquer galego”

Reproduzimos a seguir a entrevista a Yoel Rodríguez publicada no número 119 do jornal Novas da Galiza, na que o ex porteiro do Celta e actual porteiro do CD Lugo valora a presente situaçom do futebol galego e aposta por recuperar os encontros amigáveis da seleçom galega.
ZÉLIA GARCIA / O atual porteiro do CD Lugo, foi um dos jogadores galegos que conseguiu que o Celta de Vigo ascendera a Primeira Divissom em junho do 2012. Na festa do ascenso, este moço de 24 anos, viguês do bairro de Coia, saía a celebrar com a estreleira às costas, ainda que ele lhe resta importáncia, e assume o feito com normalidade: “Túñez também levava a de Venezuela”. Falamos com ele, junto aos seus cavalos, umha das suas grandes paixons, dos seus começos no mundo deste desporto, do bom momento do futebol galego, e da importáncia da canteira, “porque sentimos as cores de outra maneira”.
Como começa a tua historia com o futebol?
Eu comecei como qualquer rapaz e, pouco a pouco, vas medrando, tés as ideias mais claras e decideste por isto. A partir de cadetes foi quando apostei forte por ser um jogador profissional. Com seis anos comecei a jogar. Eu nom gostava de ser porteiro, preferia jogar arriba. O que se passa é que tinha um problema: nom gostava nada de perder e quando perdia, e sobretodo nessas idades que nom tés tanta cabeça, dava muitas patadas e pelejava, e o meu tio, dixo que eu tinha que ser porteiro, que ele também tinha jogado nessa posiçom, e assim foi.
Nota-se a crise económica também no mundo do futebol? Vivem-se mudanças nesse sentido determinadas por motivos económicos no vosso sector?
A crise nota-se, claro, e o positivo é que a gente da canteira temos mais facilidade para sair hoje, porque agora os clubes já nom tenhem dinheiro para fichar tanta gente.
Como foi para ti viver o ascenso do Celta?
Foi todo mui intenso, e foi o meu melhor momento, o mais feliz como jogador. Todo o que aconteceu no estádio e depois do bus, e pola cidade ao dia seguinte foi mui bonito. Tanto eu como o resto de companheiros guardaremos para sempre um grandíssimo recordo desses dias.
Nessa festa do ascenso tiveste um recordo mui especial para a tua família.
Nesse momento tam feliz que foi para mim o ascenso quigem lembrar-me das minhas avós: umha quando eu era um rapaz e tinha seis anos faleceu, e a minha outra avó dous dias depois de ascender também morreu. Cada dia que me preguntavam polo ascenso, que a quem lho dedicava, eu sempre falava das minhas avós, porque ela dixo que queria ver o seu neto jogar em Primeira e ao final, por circunstáncias, nom o conseguiu. Eu penso que elas estám aí arriba e eu vou-me esforçar ao máximo para que um dia poidam ver-me em Primeira e que desfrutem comigo.
Como está a ser a experiência deste ano no CD Lugo?
Mui boa, nom pensei que me fosse adaptar tam rápido à cidade, e todo está indo mui bem. Também me acoplei mui rápido com os companheiros. Na Segunda Divissom a gente joga cada vez melhor ao futebol, e este ano há equipas que resulta estranho encontrá-las em segunda pola sua qualidade. O CD Lugo está a adaptar-se mui bem à categoria. Demos a talha em campos mui duros como no do Sporting, por exemplo, e estamos a fazer bom futebol e sacando bons resultados.
Como valorizas toda a polémica com os horários dos jogos e as televisons com a LFP? É possível para umha equipa pequena, com menor orçamento que Barça e Madrid, destacar na Liga tal e como está conformada na atualidade?
Neste tema os jogadores temos pouco a dizer porque todo depende dos clubes e da LFP. É complicado que umha equipa se poida parecer a um Barça ou Madrid, mas podemos destacar à nossa maneira, deixar a nossa pegada e surpreender a mais de um, para além do dinheiro.
Crês que os clubes deveriam fomentar a canteira, qual é a tua opiniom?
Os clubes tenhem que fomentá-la porque a gente da casa vivemos de outra maneira o futebol à hora de defender as cores. O fundamental é pôr vontade, interesse e ganas de treinar, de chegar aí e dá-lo todo.
Como valorizas o momento atual do futebol galego?
É mui bom, com equipas em primeira, em segunda e segunda B. Isto vem-lhe mui bem à Galiza, e eu aguardo que continuemos neste caminho. Neste caso trabalharei para que o CD Lugo mantenha a
categoria, e aguardo que o Celta a mantenha, e o Coruxo e o Ourense também. É positivo porque somos muitos os jogadores galegos que estamos demonstrando o nosso alto nível em todas as competiçons.
Entom seria um bom momento para a Junta da Galiza relançar as convocatórias dos jogos oficiais da seleçom galega? Participaste de algumha das convocatórias anteriores?
Eu nunca estivem, só quando era mais novo em cadetes e juvenis, mas na primeira plantilha nom estivem. A verdade é que gostaria de poder jogar algum dia na seleçom galega porque sempre é um orgulho para qualquer galego. Quando se jogou em Balaídos, como em San Lázaro ou Riazor, foi um espetáculo. Eu estivem no jogo de Balaídos e cheguei ali, vim o campo cheio, escuitei o hino, num ambiente excepcional, foi emocionante. Som cousas que nom se vivem todos os dias, e que haveria que repetir.
Como levas ser umha figura pública e mesmo contar com um clube de fans?
Agradeço muito o carinho da gente, sentir que há quem aprecia o teu trabalho, e mesmo os sorrisos pola rua de gente que nom conheces, mas eles reconhecem-me e apoiam-me.
Que mensagem lhe trasladas a aqueles rapazes e raparigas que se queiram dedicar a este desporto de um jeito profissional?
A mesma que lhe traslado ao meu irmao mais novo, que também joga ao futebol, e que tanto serve para o futebol como para a vida em geral: é que há momentos em que as cousas se torcem ou se endireitam, mas temos que obrigar-nos a nós mesmos a nom nos render nunca, estar sempre dispostos a dar a batalha polo nosso sonho.
Que metas profissionais te marcas?
O futebol é um trabalho mui cambiante. Eu tivem a sorte agora de sair de umha equipa galega e poder ir para outra, mas som consciente de que podo nom ter esta sorte sempre. A minha primeira meta é fazer as cousas o melhor possível, deixar ao Lugo em segunda, e o que venha o ano que vem que seja bem-vindo. Se fazemos todas as cousas bem agora, a próxima temporada será melhor. Eu pertenço ao Celta e nom vou mentir: aguardo poder ficar no Celta, demonstrar que eu sim que quero ficar aqui.

30 de setembro de 2012

CD LUGO 2-0 MIRANDES (fotos da grada)





                             15 minutos depois de rematar o partido o fondo seguia animando sen parar

                      
O Lugo non sufriu no seu campo para vencer aínda frouxo Mirandés (2-0) cun gol temperán que suporía un dominio claro do resto do encontro sen que o rival tivese nin unha soa ocasión de gol.
Os locais asediaron a portería de Goitia desde o primeiro minuto e no 3 Óscar Díaz xa estivo a piques de conseguir abrir o marcador cun disparo cruzado raso desde dentro da área que detivo o porteiro con algúns problemas.

Continuou o bo arranque lucense e pouco despois, no sexto minuto de encontro, Tonetto atopou o primeiro gol cun bo lanzamento de falta desde uns 10 metros do frontal á altura do pico dereito da área.
O seu tiro pasou por encima da barreira e entrou case pegado ao pau máis afastado do porteiro, que puido facer máis, pero quedou na súa posición e o equipo de casa colocouse por diante no marcador nun visto e non visto.
Os homes que dirixe Quique Setién seguiron co peso do partido aínda que non crearon tantas ocasións nos seguintes momentos ata que Pablo Álvarez tirou desde o frontal no minuto 26 e estivo a piques de sorprender ao gardameta rival.
O Mirandés seguía ao seu e o Lugo non estaba nada incómodo pola situación e así chegou o partido ao descanso, sen ningún equipo con moita intención de marcar, ou polo menos iso era o que demostraban sobre o campo.
A segunda metade empezou como a primeira, cos branquivermellos arriba para conseguir ocasións e que chegase o segundo gol que, visto o visto, sentenciaría o partido como máis tarde quedou patente no terrero de xogo.
Unha boa combinación desde a parte dereita no minuto 50 fixo que Héctor Font puidese tirar case de socato, pero o porteiro estivo acertado aínda que o despexe quedou na área pequena para que Pablo Álvarez rematáseo ao fondo da rede, co que conseguiu o segundo e definitivo gol.
A actitude do Mirandés continuou ata que Lluis Codina optou por facer unha serie de cambios ofensivos e pór sobre o terreo de xogo a Iríbar, Rúper e Díaz de Cerio, que levaron máis xogo de ataque, pero non as ocasións.
O que o seguiu intentando, aínda que non conseguiu anotar, foi Óscar Díaz, que primeiro probou cun disparo raso desde o frontal que saíu rozando o poste e despois volveu tirar desde menos de vinte metros unha falta que non acabou dentro da portería por moi pouco.
FICHA TÉCNICA
Lugo: Yoel; De Coz, Fran Pérez, Víctor Marco, Manu; Pita (Galindo, min.80), Seoane; Pablo Álvarez (Rubén Durán, min. 71), Héctor Font (Berodia, min. 84), Tonetto; e Óscar Díaz.
Mirandés: Goitia; Koikili (Iribar, min. 59), Caneda, Curral, Raúl; Javi Soria (Rúper, min. 61), Martins, Muneta; Alain, Rayco (Díaz de Cerio, min. 73) e Goiria.
Goles: 1-0, min. 6: Tonetto; 2-0, min. 50: Pablo Álvarez.
Árbitro: José María Sánchez Martínez. Amoestou con cartolina amarela a Víctor Marco e a Seoane, polo Lugo, e a Koikili e Alain polo Mirandés.
Incidencias: Partido correspondente á sétima xornada de Segunda División disputado no Ángel Carro ante 3.500 espectadores.
29/09/2012 - Agencias / El Progreso Digital (Lugo)

29 de setembro de 2012

9 de setembro de 2012

O CD LUGO PERDOA AO SPORTING 1-1


Foto: ADG

O CD Lugo arrincou un 1-1 no campo do Spórting de Xixón, nun partido no que os lucenses tiveron numerosas ocasións para levar unha clara vitoria.
Aínda así, foi o Spórting o que deu primeiro, cun gol no minuto 35, obra de David Rodríguez. O tanto do excéltico (encaixado por outro exjugador do Celta, Yoel) chegou case a continuación de que Fran Sol fallase unha clara oportunidade ante o porteiro local, un Juan Pablo que este domingo tivo varias intervencións providenciales.
Pero aos asturianos duroulles pouco a alegría, porque no minuto 42 Óscar Díaz devolvía a igualdade ao marcador, no lanzamento dunha falta. Na foto, a celebración:
Os dous branquivermellos citados (hoxe de negro) tiveron nas súas botas algunhas das mellores ocasións do partido. é máis, Fran Sol chegou a marcar un gol, anulado por falta, pouco antes da súa clarísima ocasión da primeira parte. Sol tivo outra grandísima ocasión na segunda metade, do mesmo xeito que Óscar Díaz.
O perigo visitante foi tal que o público do Molinón asubiou e apupou en varias ocasións ao seu equipo, un Spórting de Xixón recentemente descendido que se esperaba que figurase entre os fanfurriñeiros da Segunda División pero que en catro xornadas só sumou dous puntos, contando o deste domingo.
Mentres, o CD Lugo segue sen coñecer a derrota, e o seu porteiro, Yoel, figura entre os menos goleados da categoría. Este domingo tivo varias ocasións de mérito, sobre todo cando os xixoneses esmagaron ao final.
Agora, o Lugo recibirá en casa a outro recentemente descendido de Primeira, o Rácing de Santander, pero na Copa, e a un veterano de Segunda, o Huesca. Os cántabros visitarán o Ángel Carro o mércores; os aragoneses, o sábado. Os dous próximos visitantes do Lugo empataron este domingo entre si: 1-1.
09/09/2012 - El Progreso Digital (Lugo)

3 de setembro de 2012

O Lugo perdoa e cede un empate que sabe a pouco

O Lugo obtivo moi pouco premio onte no Ángel Carro ante o Córdoba, ao que dominou de principio a fin e ao que puido vencer con claridade. Logo de adiantarse os branquivermellos no marcador ao cuarto de hora de xogo por medio de Mauro Quiroga, que remachou de socato un cabezazo de Fran no segundo pau ao rematar unha falta lanzada desde a banda dereita
por Tonetto, e de dominar intensamente a contenda, o Córdoba empatou na primeira vez que tirou por dentro, a tres minutos do final, por medio de Patiño. O dianteiro do equipo andaluz marcou de vaselina ao coller a Yoel a media saída.
O partido foi do Lugo de principio a fin. Tras o gol de Quiroga, os branquivermellos puideron aumentar a vantaxe en ata seis claras ocasións, incluídas dúas vaselinas na segunda parte, de Pita e Fran Solo. Pero tamén o Córdoba puido haberse levado un premio aínda maior que non mereceu. Evitouno Yoel ao salvar un bo remate de Patiño en tempo de desconto. Sen dúbida, o empate non é xusto cos merecementos duns e outros, pero o triunfo do Córdoba sería o colmo da desgraza para o Lugo.
02/09/2012 - Cordido / El Progreso (Lugo)

28 de agosto de 2012

NOVAS CAMISOLAS XA A VENDA

Estará a venda todos os dias de partido como locais no rocho de Brigadas Lucenses no Fondo Norte do Anxo Carro.Se alguen doutra zona do campo quere material que se poña en contacto con nos mediante o email ou o facebook do grupo.