23 de decembro de 2009

O 26-D, GALIZA SEGUERÁ NO CAMPO E NA RUA

Ambiciosa jornada pola oficializaçom das nosas selecçons o día 26 de Dezembro em Compostela: Manifestaçom, jogo e concerto.

Nova cita no calendário paratod@s @s galeg@s que queiram apoiar as nossas selecçons nacionais. Siareir@s Galeg@s prepara-vos um dia lotado de actividades. O Sábado 26 de dezembro as ruas de Compostela, o estádio de Santa Isabel e a sala Capitol acolherám as actividades do nosso colectivo.

O próximo 26 de Dezembro Compostela acolherá umha nova jornada em que se evidenciará a enorme fortaleza do movimento em defesa das selecçons nacionais. Igual que acontecera em 2005 em Compostela, em 2006 e 2008 na Corunha e 2007 em Vigo, Siareir@sGaleg@s estará nas ruas e desta volta tambem organizará o jogo da selecçom de futebol. Esperamos que esta seja umha grande mobilizaçom nacional em defesa do nosso direito a ter selecçons nacionais.

As actividades realizadas todos estes anos nom podem ficar no esquecemento por nom contar com apoio institucional. Somos um povo luitador que temos capacidade para nos auto-organizar, que nom vamos permitir que nos quitem o nosso e por isso temos que estar todos e todas juntas este ano com mais força que nunca.

O dia 26 espera-nos umha jornada de festa e reivindicaçom em que berraremos bem forte que somos umha naçom, que temos direito a ter selecçons desportivas e que reclamamos a oficialidade.

MANIFESTAÇOM: Às 17 horas manifestaçom desde o passeio da alameda para exigir o direito da Galiza a ter selecçons e competir a nível internacional. Depois de percorrer as ruas compostelas a manifestaçom concluirá no campo de Santa Isabel.

JOGO DE GALIZA: Siareir@s Galeg@s como já sabedes asumiu a organizaçom do evento, a nossa selecçom nacional jogará contra um combinado internacional. Pola Galiza participarám jogadores de diversas categorias. Nos próximos dias confirmaremos os jogadores incluídos nesta convocatória que defenderám a nossa camisola, assim como o quadro técnico do mesmo. Mas já che adiantamos que haberá importantes surpresas.

CONCERTO: Para pôr o final à jornada cheia de actividades o nosso colectivo vai organizar um concerto ao final do jogo de Santa Isabel em Compostela. O concerto contará com a actuaçom de três grandes grupos, dous galegos, Machina e Mencer Vermelho, e a actuaçom de Habeas Corpus que de seguro alongarám a jornada festiva até altas horas da madrugada. Os bilhetes custarám 8 € em antecipada (Compostela: Gong e Gentalha; Vigo: Tipo e Revolta; Corunha: Portobello; Trasancos: Artabria; Pontevedra: Tipo; Ourense: Esmorga) e 12 € na bilheteira.

Nesta jornada também contaremos com a participaçom da Liga Nacional de Bilharda que desputará o II Aberto da bilhardaautêntica no campo de futebol do parque de Belvis às 12h00.

Desde Siareir@s Galeg@s chamamos a todos e todas as galegas a passar umha jornada reivindicativa e festiva, participando das diferentes actividades do Sábado 26 em Compostela, onde poderemos demostrar a nossa forza como povo. A venda de cartons vai a bo ritmo, assim que se nom queres quedar sem a tua camisola recolheo nos pontos indicados na nova previa.

O 26 contamos contigo, acude e difunde a nossa convocatória alá onde podas.

Programa:

Sábado, 26 de Dezembro

Selecçons nacionais. Direito popular

- 17h00 sairá do passeio da Alameda umha manifestaçom sob a legenda “Selecçons nacionais. Direito popular” que percorrerá as diferentes ruas da cidade de Compostela com final no campo de Santa Isabel.

- 19h00 Jogo da Galiza.

- 21h30, e com máxima pontualidade, concerto na Sala Capitol:

MACHINA

MENCER VERMELHO

HABEAS CORPUS

CD LUGO 1-0 ATHLETIC B

15 de decembro de 2009

BARAKALDO 0-1 CD LUGO

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Triunfo por 0-1 do Lugo ante o Barakaldo. O gol chegou tras un polémico penalti a Tornero que mais tarde transformaría Cristobal. Esta vitoria sitúa ao Lugo no terceiro posto a tan so 4 puntos do lider, o Eibar.

8 de decembro de 2009

12 DE DECEMBRO, XORNADAS POLA SELECCION GALEGA


Xornadas pola Selección Galega no CS Madia Leva! (Rúa Amor Meilán 18, Lugo):

16:00 Proxección DVD Siareir@s Galeg@s, 1996-2006 10 Anos Luitando Por Galiza.
17:00 Torneo de Futbolín, (inscripción 10 euros por parella e cervexa de balde)
Ao rematar o torneo concentración pola Selección Galega na Praza de Armañá.
E pola noite velada punk a cargo do cantautor de Fene, BITXO BOLA.

CD LUGO 3-0 SD EIBAR

Importantisima vitoria ante o lider da Segunda B que nos coloca no cuarto posto, con 26 puntos.
Conseguir a tan ansiada fase de ascenso pode ser unha realidade, equipo non nos falta.
FORZA LUGO!!

9 de novembro de 2009

ZAMORA 1-2 CD LUGO

Importante vitoria acadada polo Lugo fora da casa ante o Zamora, con goles de Maikel e Poratti, que sitúa ao Lugo no quinto posto con 19 puntos a tan so un do cuarto clasificado, o Celta B.
No próximo partido como local o Lugo recibirá a un Rácing de Ferrol en horas baixas (ocupa o penúltimo lugar na táboa), que na xornada de onte perdeu na casa fronte ao colista, o Compostela.

3 de novembro de 2009

CD LUGO 1-1 CD GUIJUELO


Empate "in extremis" do Guijuelo no tempo de desconteo e outros 2 puntos que se lle escapan ao Lugo, que malia demostrar un gran xogo e dominio en tódolos os resultados non acompañan.
Pese a esto o Lugo sitúase no séptimo posto a tan so 2 puntos do cuarto clasificado.

22 de outubro de 2009

VIAXES TEMPADA 08/09

LEÓN:

PONFERRADA:

PONTEVEDRA:
LLUANCO:
COMPOSTELA:

19 de outubro de 2009

CD LUGO 0-0 ALAVÉS

Quinto empate conseguido polo CD Lugo no que vai de campaña. Desta vez ante un Alavés moi inferior respecto ao que toda a xente se esperaba. Bo partido do noso equipo malia non conseguir os tres puntos. O Lugo sitúase sétimo na táboa con 14 puntos e a 4 do cuarto clasificado, o Celta B. Na vindeira xornada o Lugo visitará León para enfrontarse a unha Cultural en postos de descenso, o partido foi fixado o sábado ás 20:00 horas.

12 de outubro de 2009

LEMOA 2-2 LUGO

Empate do Lugo en Arlonagusia, ante un Lemoa que chegou a poñerse 2-0 no marcador. Antes de finalizar a primeira metada Poratti poñia o 2-1 e chegaria o empate a 13 minutos de finalizar o encontro con un gol de Maikel. Resultado positivo tendo en conta como comezou o partido que coloca o Lugo no quinto posto con 13 puntos e a espera de recebir no próximo partido no Anxo Carro a un histórico do fútbol o Deportivo Alavés que se atopa no terceiro lugar da clasificación.

6 de outubro de 2009

5 de outubro de 2009

CD LUGO 4-1 IZARRA


Vitoria por 4-1 conseguida onte no Anxo Carro que deixa ó Lugo a tan so un punto da promoción de ascenso. Comezou o Izarra con un gol de penalti mais o Lugo non se rendeu e Maikel con un remate coa testa poñia o empate no marcador. Mais tarde chegarían 2 goles dun impresionante Sergio que leva 6 goles en 2 partidos e finalmente chegaria o 4-1 realizado por un golazo de Marcos dende fora da área. Destacar a estabilidade no centro do campo, a seguridade de ter a Escalona nas redes e o bo partido de Xaime Noguerol. Con este equipo e xogando asi non seria nada raro conseguer meternos dunha vez en promoción despois de tantos anos.
Pola nosa banda escasa animación so na segunda parte un par de canticos, nótase que a alguns estalles a pesar forte a resaca das festas mais non é motivo para non acudir ó campo, esperemos que para o próximo encontro voltemos a animar ó noso equipo como se merece.

1 de outubro de 2009

SOLIDARIDADE CON SANTI E XOSE

Vemos necesario facer un inciso para pedir a solidaridade cos compañeiros Santi e Xose que maña serán xulgados pola Audiencia Nacional. Compañeiros que estiveron con nós e nos mostraron o seu apoio nas últimas fases de ascenso que disputou o CD Lugo e que en innumerables ocasións estiveron na nosa grada. Agora é o momento de mostrarlles o noso apoio a eles, compañeiros que levan a espera dun xuizo dende decembro de 2007. Compañeiros que se lles xulga sen xuizo, compañeiros que están a centos de quilómetros do seu lar, compañeiros que son levados de prisión en prisión como reses de gando, compañeiros ós que se lles nega a fala, compañeiros que aturan dia tras dia constantes burlas e insultos por parte dos de sempre, compañeiros que aturan malleiras por parte das forzas do que se lle di democracia.
Sen mais, compañeiros que reciben paus por pensar e por defender a súa terra.

NEN DISPERSIÓN, NEN INCOMUNICACIÓN
LIBERDADE

29 de setembro de 2009

PONTEVEDRA 0-5 LUGO

Impresionante vitoria do Lugo por 0 goles a 5 ante un dos candidatos ó ascenso da categoría. Dos goles 4 deles foron do xogador de Portomarin Sergio Arias, que con este partido gañarase unha mais que xustificada titularidade. A nosa noraboa a Sergio que con este partidazo serviralle para gañar confianza e poder seguir demostrando o xogador que é. Con esta vitoria e o bon xogo deixado polo equipo, estase xenerando moita ilusión entre a afección e poder acabar a tempada en postos de play-off non é ninguna tolería, porque temos equipo.
Por parte de Brigadas non houbo desprazamento, eso si varios membros se deixaron caer por Pasarón, debido a que a Peña Piño Quiroga, dirixida por quen todos sabemos, nos impediu no último momento viaxar no bus no que xa estabamos apuntados. Unha mágoa non poder viaxar ata este xa clásico desprazamento por culpa de 4 pintamonas que queren aproveitarse do clube.
O próximo encontro será na casa xa en festas de San Froilán ante o Izarra.

25 de setembro de 2009

CD LUGO 0-1 CELTA "B"

Partido disputado o pasado mércores no Anxo Carro. O CD Lugo consegue a sua primeira derrota no que vai de liga e sitúase con 6 puntos no posto número 13 na táboa ligueira da Segunda División B.

23 de setembro de 2009

MONTAÑEIROS CF 1-2 CD LUGO

Primeira vitoria da tempada a conseguida o pasado domingo ante o Montañeiros, 3 puntos importantes que axudaran a subila moral do equipo.
Hoxe nova cita no Anxo Carro contra o Celta B.

18 de setembro de 2009

ASCENSO CD LUGO A 2ª TEMPADA 91/92

Finalizamos a entrega dos vídeos do ascenso do CD Lugo coa última parte, no video vemos o último minuto de partido e como tras o pitido final coa vitoria do Lugo (2-1) conseguese o ascenso a Segunda división, os aficionados lucenses bótanse ó campo a celebrar un histórico ascenso que sempre será recordado e que esperamos pronto volver a acadar.

15 de setembro de 2009

CD LUGO 0-0 SD PONFERRADINA


Outro empate o conseguido o domingo ante a Ponferradina, a primeira parte foi para a Ponferradina e cabe destacar a lesión a pouco rematar o partido do dianteiro Rubén Vega (máximo goleador da categoría) na segunda parte dominio total por parte do Lugo pero debido a pouca eficacia na liña atacante non se podeu conseguir o gol.
Espectacular foi, unha vez mais, o desprazamento da afección berciana enchendo case toda a tribuna, pola nosa banda moi boa animación, a bancada de fondo estaba moito mais animada que o que ben sendo habitual. Salientar o despregue pseudomilitar da policia nazional con mais de 20 policias na nosa bancada que se dedicaron a "hacer su trabajo".

11 de setembro de 2009

CD LUGO- SD PONFERRADINA

O CD Lugo enfrotarase a Ponferradina este domingo no Anxo Carro, o partido foi fixado as 18:00. Ante o masivo desprazamento de afeción berciana a terras luguesas, queremos facer un chamamento a tódolos siareiros do Lugo para que baixen ata o estadio a animar o noso clube. Preséntase un bonito encontro, no que o Lugo terá que demostrar se este ano pode facer algo.
SEMPRE CD LUGO!

10 de setembro de 2009

ASCENSO CD LUGO A 2ª TEMPADA 91/92

Quédavos aqui a cuarta parte dos vídeos do partido co que o CD Lugo conseguiu o ascenso a segunda división na tempada 91/92. No vídeo podedes ver as declaracións do adestrador do Sant Andreu sobre o penalti a Calderé, o empate do Sant Andreu a comezos da segunda metade e ese remate de cabeza de Alvite que nos daba unha vitoria que vale por un ascenso a segunda división.

8 de setembro de 2009

PALENCIA CF 1-1 CD LUGO



CD LUGO: Escalona, Cristóbal, Alberto García, Aira, Manu, Tornero, Fernando Seoane, Marcos Rodríguez, Arroyo (Sergio, min. 73), Losada (Noguerol, min. 65), Maikel.

PALENCIA: Rebollo, Loma, Gorka, Rui, Serrano, Chuchi, Pelayo, De Paula, Álex (Benjamin, min.67), Víctor Sánchez (Agostinho, min.60), Paulino


5 de setembro de 2009

Siareir@s Galeg@s perante o Espanha-Bégica na Corunha

Deixámosvos co comunicado de Siareir@s Galeg@s (colectivo ó pertencemos e apoiamos) perante o xogo da seleción española no noso territorio nacional.

Setembro de 2009

Siareir@s Galeg@s perante o jogo que desputará a selecçom espanhola em teorritótio nacional galego o 5 de Setembro contra Belgica quer manifestar o seguinte:

- Que o feito de que o governo de Nunhez Feijoo decidira eliminar da face da terra a selecçom Galega, como fijo em 1936 o seu camarada Francisco Franco, supom pra nós umha autêntica declaraçom de guerra fronte a que nom ficaremos quedos vendo como se pissoteiam as pequenas conquistas que se conquerirom nos direitos desportivos durante os 4 anos do bipartito.

-Que o jogo do 5 de Setembro na Corunha nom é casual, senom que responde a umha ofensiva do espanholismo em todos os ámbitos e nom so desportivos; ensino, lingua, cultura, meio ambiente ... ofensiva a que lhe devemos respotar como povo desde já.

-Que desde o punto de vista futebolístico o jogo de Espanha carece de todo sentido, já que a pratica totalidade das torcidas das equipas galegas (Deportivo da Corunha, Celta de Vigo, Pontevedra FC, CD Lugo, CD Ourense, SD Composela, ...) ou membros delas fam parte do colectivo e procuram os mesmos objetivos a oficialidade plena das selecçons galegas, nom existindo no nosso Pais nem a primeira claque dumha equipa de futebol que exhiba simbolos espanhois ou derivados.
Exposto isto deixa as claras que o jogo do 5-S carece de interese qualquer pra @s
siareir@s futeboleir@s Pais, sendo um espectáculo político montado polo fascismo espanhol pra recrear-se diante de caciques, burgueses, bilingües, colonos, sipaios e demais filh@s do auto-ódio, os mesmos que apouparom ao fascismo espanhol de novo ao poder no Parlamentinho da CAG.

-Que a mera presença dum dispositivo especial na cidade da Corunha por parte dar forças de ocupaçom espanholas para dito jogo ja supom a primeira derrota do espanholismo; situaçom especial que fai ver que a sua selecçom nom joga na casa, e nom é bem recebida pola parte galega da povoaçom.

-Para rematar fazemos um chamamento a cidadania galega a demostrar a sua repulsa a este jogo nas ruas da Corunha e no resto do Pais e a fortalecer no dia a dia a luita que SSGG leva encabeçando desde fai mais de 13 anos, a luita pola oficialidade Selecçom Galega numha Galiza Ceive.

Na Terra a 4 de Setembro de 2009

http://www.siareirasgalegas.org


4 de setembro de 2009

ASCENSO CD LUGO 2ª TEMPADA 91/92

Este vídeo é a terceira parte dos vídeos do partido do ascenso na tempada 91/92. No vídeo pódese ver os momentos claves da primeira parte, o 1-0 a cargo de Jorge e o famoso penalti a Calderé (non só non se pitou se non que se expulsou o xogador) polo que algúns do Sant Andreu a día de hoxe inda nolo siguen botando en cara e a emisión que se fixo durante o descanso.

1 de setembro de 2009

COMUNICADO

Ante as informacións que están circulando pola rede, televisión e prensa escrita estos últimos días; nas que se apuntaban que un xoven lucense foi agredido por membros de Brigadas Lucenses, queremos negar clara e rotundamente que algún membro do grupo estivera implicado ou fora autor de semellantes feitos. Tamén queriamos expresar a nosa máis profunda repulsa hacia aquelas falsas informacións que se difunden contra nós, sen tan sequera indagar primeiro no sucedido e contrastar esa información.

31 de agosto de 2009

CD LUGO 1-1 MIRANDÉS

Na tarde de onte o CD Lugo consegueu un empate a 1 ante o Mirandés, puntiño que nos sabe a pouco e esperemos apañar os 3 puntos o próximo domingo ante o Palencia.

29 de agosto de 2009

MAÑA TODXS Ó ANXO CARRO

Mañá comeza a tempada no Anxo Carro co partido CD Lugo-Mirandés ás 19:00, ánimanos á xente a que acuda ó estadio a apoiar o equipo e que se sume a nosa bancada. Vémonos a iso das 5 no bar de sempre para o prepartido.

FORZA LUGO!!!

28 de agosto de 2009

ASCENSO CD LUGO 2ª TEMPADA 91/92

Pois aqui vos deixamos a segunda parte dos vídeos do ascenso do CD Lugo a segunda división no ano 1992. No video podemos ver dende a saida dos xogadores dos dous equipos ó campo ata o pitido inicial.


NOVO REFORZO


O CD Lugo anunciou a incorporación de Sergio Maestre en calidade de cedido. O xogador, que cumplirá dezanove anos en novembro, provén do F.C. Barcelona "B" para ocupar praza de sub 23. Sergio reforzará o posto de medio centro defensivo pola esquerda e destaca polo seu 1.87 m. Sergio curtiuse na canteira do F.C. Barcelona e do Damm, na súa etapa no Barça coincidiu con xogadores como Bojan Krkic, Mérida (Arsenal) , Vallès (NEC Nimegen) ou Iago Falqué (Bari).

27 de agosto de 2009

COMEZA UNHA NOVA TEMPADA


O vindeiro domingo comeza a tempada oficialmente para o CD Lugo coa visita dun recén ascendido: o Mirandés. Tempada nova e esperamos con ilusión poder enfrontarnos o reto de clasificarnos para a tan ansiada fase de ascenso. Porque temos equipo, porque temos ganas, porque temos ilusión, porque sentimos as cores do branco e vermello do noso clube e porque esperamos que os nosos xogadores as sintan tamen e o den todo polo clube.O Lugo somos todos, por moito que lles pese a algúns que só queren aproveitarse do noso clube, e dende a afeción temos que dalo todo dende o primeiro ata o último minuto. Temos que facer que os xogadores se sintan orgullosos das nosas cores como nós nos sentimos.Comeza unha nova tempada e tamén e voltar reencontrarse cos vellos colegas do fútbol, xuntarse no bar antes do partido, abrir o noso fondo, rescatar o bombo e as bandeiras que levan pechadas todo o vrao no cuarto, ver o teu equipo pisar o céspede, o pitido inical, pufarlles unhas birras os do bar do fondo, berrar ata quedar sen folgos no estadio e conseguir esa vitoria no último minuto e que os xogadores nos dediquen a vitoria que nos fai recordar porque estamos ahí cada domingo xoguemos no Anxo Carro ou fora. E ante todo sentir esta unidade, este orgullo e este sentimento hacia o noso clube.

PORQUE ESTE ANO SI
SEMPRE BBLL SEMPRE CD LUGO

24 de agosto de 2009

Cockney Rejects - We Are The Firm



Canción da mítica banda de Oi! inglesa, Cockney Rejects, na que fala do hooliganismo presente no East End londinense.

22 de agosto de 2009

ASCENSO CD LUGO A 2ª DIVISION TEMPADA 91/92

Deixámosvos coa primeira parte do video do ascenso do CD Lugo a Segunda División no ano 1992. Neste primeiro video poderedes ollar os intres antes do partido entre o CD Lugo e o Sant Andreu, disputado no Anxo Carro, con entrevistas ó ex-presidente do Lugo Xosé Núñez e ó ex-xogador e entrenador Carlos Mandiá.



Quedaranos para o recordo aquel 11 titular capitaneado por Alvite e adestrado por Xulio Díaz:

1. DOMINGUEZ
2. CACHARRON
3. ALVITE
4. MIGUEL
5. MODESTO
6. JOSE ANGEL
7. JORGE
8. MONTOTO
9. CAROLO
10. JOSE
11. M.ANGEL

12. TEJADA
13. FERNANDO
14. JAVI
15. COUSO
16. VICENTE

ADESTRADOR: XULIO DIAZ

Agradecemos a lugoforero a subida destes videos do partido.

14 de agosto de 2009

CD LUGO-CELTA

Mañá disputarase o partido de presentación do CD Lugo no Anxo Caro ante o Celta ás 20:00.

10 de agosto de 2009

REUNIÓN

Hoxe teremos unha xuntanza ás 19:30 no Curmáns para tratar temas do grupo (tema de desprazamentos, sacar material, retirada de carnets etc.)

9 de agosto de 2009

PRETEMPADA 09/10



29/6/09 VILALBÉS 1-0 CD LUGO
2/8/09 DEPORTIVO B 2-0 CD LUGO

4/8/09 LALIN 0-2 CD LUGO


FICHAXES 09/10

O CD Lugo cerrou a contratación dos xogadores Marcos Rodriguez e Máikel.


Marcos Rodríguez nado en Marín (Pontevedra) provén do Zamora CF e anteriormente pasou por equipos como o Celta "B" e o Logroñés. Marcos de 25 anos reforzará o mediocampo do Lugo.


O dianteiro Máikel de 33 anos pasou por equipos provén do Cidade de Santiago e pasou por equipos como o Deportivo, Toledo, Xerez, Xetafe, Compostela, Terrassa, Tenerife, Lorca Deportiva e Benidorm. É un xogador que poderá aportar moita experiencia.




Coa contratación de Máikel o CD Lugo supera o cupo de xogadores maiores de 23 anos (16) polo que un xogador deberá sair do clube. Este xogador será Rubén Pardo polo que queremos mostrar o noso rechazo a saida de Rubén, un xogador con un gran futuro. Volvemonos a preguntar o porqué da renovación de Losada, se se iba contratar a Máikel. Ademáis con esta contratación seguramente outro gran xogador como Sergio quedará relevado a un segundo plano detras de dúas vellas glorias con sendos importantes salarios. Outra das moitas acción caciquiles da nosa directiva. Nembargantes damosllela benvida a estes dous xogadores e desexámoslle moita sorte.

20 de xullo de 2009

SOBERANIA NACIONAL 25 DE JULHO DIA DA PATRIA




Manifesto Dia da Pátria 2009

Amigas e amigos,

companheiras e companheiros vindos de toda a Galiza e do exterior, presentes e ausentes,

delegaçons internacionais que nos acompanhades:

Celebramos hoje a jornada em que reivindicamos o nosso direito de autodeterminaçom e reafirmamos a vontade de constituirmos o nosso próprio Estado: umha República Galega.

No actual contexto de crise capitalista, tais reivindicaçons som mais necessárias do que nunca: a crise deteriora as nossas condiçons de vida e trabalho e agudiza os piores efeitos da histórica dependência de Espanha, como o desemprego estrutural, a precariedade ou o empobrecimento de importantes sectores do povo trabalhador. Madrid e Bruxelas pretendem somar a esta condiçom de viveiro de mao-de-obra barata e fonte de recursos minerais e energéticos, a turistificaçom da economia nacional, enquanto relançam o assalto ao território que arrasa costas, vales, rios e montes em aras do benefício privado e planificam desde instituiçons alheias a liquidaçom da nossa língua e identidade.

A nível institucional, após quatro anos de governo bipartido PSOE-BNG, a direita mais conservadora recuperou o governo da Junta. Isto foi possível, entre diversos factores, pola aplicaçom continuista por parte do PSOE e do BNG de semelhantes políticas aplicadas polo fraguismo. Quatro anos perdidos na construçom nacional da Galiza e na melhora das condiçons de vida do nosso povo.

A situaçom é difícil e alterna episódios de luita exemplar, como a do proletariado do Metal, com a agudizaçom da repressom e o controlo social e a extensom do mal-estar psicossocial. É imprescindível, pois, tomarmos medidas resolutivas. A curto prazo, a convocatória dumha Greve Geral Nacional e a coordenaçom d@s independentistas para fazermos frente com radicalidade à administraçom que preside Alberto Núñez Feijó. A meio, organizando-nos para as batalhas que se anunciam e avançando a passo firme no caminho da autodeterminaçom e a soberania.

Autodeterminaçom e soberania som a chave que abre a porta a um futuro distinto do que se perfila no horizonte; som a única alternativa política real neste país. A via estatutista, a via do contrato com Espanha, é umha fraude esgotada que apenas foi útil para adormecer consciências e facilitar que os nossos inimigos históricos avanzem no espólio e a destruiçom da Galiza. A autêntica democracia e a dignidade virám da luita que nos leve a um cenário de autodeterminaçom, soberania e independência.

Contodo, companheir@s, chamar um povo à luita é muito mais que lançar umha proclama. Chamar um povo à luita, quando tantas vontades están feridas por ceticismos e impotências, é sobretodo assumir responsabilidades: a responsabilidade de forjarmos ferramentas organizativas legítimas e duradeiras; de coesionarmos as forças disponíveis sob estratégias concretas de intervençom e, por cima de todo, de ganharmos com factos os coraçons e a credibilidade de milhares de independentistas e do conjunto do povo trabalhador galego.

É evidente que os agentes políticos e sociais e as pessoas que vertebramos Causa Galiza nom conseguimos materializar nestes dous anos as expectativas criadas em 2007 e desactivar os factores que ralentizam desde dentro a luita soberanista, impossibilitando logros hoje possíveis. Estas eivas impedírom que Causa Galiza estivesse à altura do aguardado e da necessidade de edificarmos espaços de convívio e luita sobre os que erguer projectos mais ambiciosos no futuro.

Recuperarmos o rumo original e a ilusom é, portanto, o repto urgente. Pretendemos ser a ferramenta que permita a organizaçons, movimentos sociais e militantes trabalhar cóvado com cóvado, desde a esquerda, pola soberania. Queremos constroir a aliança que estenda a reivindicaçom da autodeterminaçom a todo o país e, desde o trabalho de base, desde a acçom diária, crie condiçons favoráveis para avançarmos na luita independentista. Neste Dia da Pátria convidamos quem, dia após dia, sustentades desde a militáncia e o esforço anónimos o combate pola soberania, a fortalecerdes esta ferramenta. É necessário, é urgente e dam-se as condiçons necessárias. A luita pola autodeterminaçom precisa de todas e todos nós.

Companheir@s, maos à obra,!

Viva a luita por umha Galiza ceive!

Viva Causa Galiza!

17 de xullo de 2009

CALENDARIO TEMPADA 2009/2010

Xornada: 1 - Data: 30/08/2009

BARAKALDO C.F. ATHLETIC CLUB B
S.D. EIBAR, SAD SESTAO RIVER CLUB
C.D. LUGO C.D. MIRANDES
S.D. COMPOSTELA, SAD C.F. PALENCIA
RACING CLUB DE FERROL, SAD S.D. PONFERRADINA
ZAMORA C.F. S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
C.D. GUIJUELO R.C. CELTA DE VIGO B
CULT. Y DVA. LEONESA PONTEVEDRA C.F. SAD
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. C.D. IZARRA
C. ATº. OSASUNA B S.D. LEMONA

Xornada: 2 - Data: 06/09/2009

ATHLETIC CLUB B C. ATº. OSASUNA B
SESTAO RIVER CLUB BARAKALDO C.F.
C.D. MIRANDES S.D. EIBAR, SAD
C.F. PALENCIA C.D. LUGO
S.D. PONFERRADINA S.D. COMPOSTELA, SAD
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO RACING CLUB DE FERROL, SAD
R.C. CELTA DE VIGO B ZAMORA C.F.
PONTEVEDRA C.F. SAD C.D. GUIJUELO
C.D. IZARRA CULT. Y DVA. LEONESA
S.D. LEMONA DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.

Xornada: 3 - Data: 13/09/2009

ATHLETIC CLUB B SESTAO RIVER CLUB
BARAKALDO C.F. C.D. MIRANDES
S.D. EIBAR, SAD C.F. PALENCIA
C.D. LUGO S.D. PONFERRADINA
S.D. COMPOSTELA, SAD S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
RACING CLUB DE FERROL, SAD R.C. CELTA DE VIGO B
ZAMORA C.F. PONTEVEDRA C.F. SAD
C.D. GUIJUELO C.D. IZARRA
CULT. Y DVA. LEONESA S.D. LEMONA
C. ATº. OSASUNA B DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.

Xornada: 4 - Data: 20/09/2009

SESTAO RIVER CLUB C. ATº. OSASUNA B
C.D. MIRANDES ATHLETIC CLUB B
C.F. PALENCIA BARAKALDO C.F.
S.D. PONFERRADINA S.D. EIBAR, SAD
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO C.D. LUGO
R.C. CELTA DE VIGO B S.D. COMPOSTELA, SAD
PONTEVEDRA C.F. SAD RACING CLUB DE FERROL, SAD
C.D. IZARRA ZAMORA C.F.
S.D. LEMONA C.D. GUIJUELO
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. CULT. Y DVA. LEONESA

Xornada: 5 - Data: 23/09/2009

SESTAO RIVER CLUB C.D. MIRANDES
ATHLETIC CLUB B C.F. PALENCIA
BARAKALDO C.F. S.D. PONFERRADINA
S.D. EIBAR, SAD S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
C.D. LUGO R.C. CELTA DE VIGO B
S.D. COMPOSTELA, SAD PONTEVEDRA C.F. SAD
RACING CLUB DE FERROL, SAD C.D. IZARRA
ZAMORA C.F. S.D. LEMONA
C.D. GUIJUELO DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
C. ATº. OSASUNA B CULT. Y DVA. LEONESA

Xornada: 6 - Data: 27/09/2009

C.D. MIRANDES C. ATº. OSASUNA B
C.F. PALENCIA SESTAO RIVER CLUB
S.D. PONFERRADINA ATHLETIC CLUB B
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO BARAKALDO C.F.
R.C. CELTA DE VIGO B S.D. EIBAR, SAD
PONTEVEDRA C.F. SAD C.D. LUGO
C.D. IZARRA S.D. COMPOSTELA, SAD
S.D. LEMONA RACING CLUB DE FERROL, SAD
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. ZAMORA C.F.
CULT. Y DVA. LEONESA C.D. GUIJUELO

Xornada: 7 - Data: 04/10/2009

C.D. MIRANDES C.F. PALENCIA
SESTAO RIVER CLUB S.D. PONFERRADINA
ATHLETIC CLUB B S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
BARAKALDO C.F. R.C. CELTA DE VIGO B
S.D. EIBAR, SAD PONTEVEDRA C.F. SAD
C.D. LUGO C.D. IZARRA
S.D. COMPOSTELA, SAD S.D. LEMONA
RACING CLUB DE FERROL, SAD DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
ZAMORA C.F. CULT. Y DVA. LEONESA
C. ATº. OSASUNA B C.D. GUIJUELO

Xornada: 8 - Data: 11/10/2009

C.F. PALENCIA C. ATº. OSASUNA B
S.D. PONFERRADINA C.D. MIRANDES
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO SESTAO RIVER CLUB
R.C. CELTA DE VIGO B ATHLETIC CLUB B
PONTEVEDRA C.F. SAD BARAKALDO C.F.
C.D. IZARRA S.D. EIBAR, SAD
S.D. LEMONA C.D. LUGO
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. S.D. COMPOSTELA, SAD
CULT. Y DVA. LEONESA RACING CLUB DE FERROL, SAD
C.D. GUIJUELO ZAMORA C.F.

Xornada: 9 - Data: 18/10/2009

C.F. PALENCIA S.D. PONFERRADINA
C.D. MIRANDES S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
SESTAO RIVER CLUB R.C. CELTA DE VIGO B
ATHLETIC CLUB B PONTEVEDRA C.F. SAD
BARAKALDO C.F. C.D. IZARRA
S.D. EIBAR, SAD S.D. LEMONA
C.D. LUGO DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
S.D. COMPOSTELA, SAD CULT. Y DVA. LEONESA
RACING CLUB DE FERROL, SAD C.D. GUIJUELO
C. ATº. OSASUNA B ZAMORA C.F.

Xornada: 10 - Data: 25/10/2009

S.D. PONFERRADINA C. ATº. OSASUNA B
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO C.F. PALENCIA
R.C. CELTA DE VIGO B C.D. MIRANDES
PONTEVEDRA C.F. SAD SESTAO RIVER CLUB
C.D. IZARRA ATHLETIC CLUB B
S.D. LEMONA BARAKALDO C.F.
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. S.D. EIBAR, SAD
CULT. Y DVA. LEONESA C.D. LUGO
C.D. GUIJUELO S.D. COMPOSTELA, SAD
ZAMORA C.F. RACING CLUB DE FERROL, SAD

Xornada: 11 - Data: 01/11/2009

S.D. PONFERRADINA S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
C.F. PALENCIA R.C. CELTA DE VIGO B
C.D. MIRANDES PONTEVEDRA C.F. SAD
SESTAO RIVER CLUB C.D. IZARRA
ATHLETIC CLUB B S.D. LEMONA
BARAKALDO C.F. DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
S.D. EIBAR, SAD CULT. Y DVA. LEONESA
C.D. LUGO C.D. GUIJUELO
S.D. COMPOSTELA, SAD ZAMORA C.F.
C. ATº. OSASUNA B RACING CLUB DE FERROL, SAD

Xornada: 12 - Data: 08/11/2009

S.D. CIUDAD DE SANTIAGO C. ATº. OSASUNA B
R.C. CELTA DE VIGO B S.D. PONFERRADINA
PONTEVEDRA C.F. SAD C.F. PALENCIA
C.D. IZARRA C.D. MIRANDES
S.D. LEMONA SESTAO RIVER CLUB
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. ATHLETIC CLUB B
CULT. Y DVA. LEONESA BARAKALDO C.F.
C.D. GUIJUELO S.D. EIBAR, SAD
ZAMORA C.F. C.D. LUGO
RACING CLUB DE FERROL, SAD S.D. COMPOSTELA, SAD

Xornada: 13 - Data: 15/11/2009

S.D. CIUDAD DE SANTIAGO R.C. CELTA DE VIGO B
S.D. PONFERRADINA PONTEVEDRA C.F. SAD
C.F. PALENCIA C.D. IZARRA
C.D. MIRANDES S.D. LEMONA
SESTAO RIVER CLUB DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
ATHLETIC CLUB B CULT. Y DVA. LEONESA
BARAKALDO C.F. C.D. GUIJUELO
S.D. EIBAR, SAD ZAMORA C.F.
C.D. LUGO RACING CLUB DE FERROL, SAD
C. ATº. OSASUNA B S.D. COMPOSTELA, SAD

Xornada: 14 - Data: 22/11/2009

R.C. CELTA DE VIGO B C. ATº. OSASUNA B
PONTEVEDRA C.F. SAD S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
C.D. IZARRA S.D. PONFERRADINA
S.D. LEMONA C.F. PALENCIA
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. C.D. MIRANDES
CULT. Y DVA. LEONESA SESTAO RIVER CLUB
C.D. GUIJUELO ATHLETIC CLUB B
ZAMORA C.F. BARAKALDO C.F.
RACING CLUB DE FERROL, SAD S.D. EIBAR, SAD
S.D. COMPOSTELA, SAD C.D. LUGO

Xornada: 15 - Data: 29/11/2009

R.C. CELTA DE VIGO B PONTEVEDRA C.F. SAD
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO C.D. IZARRA
S.D. PONFERRADINA S.D. LEMONA
C.F. PALENCIA DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
C.D. MIRANDES CULT. Y DVA. LEONESA
SESTAO RIVER CLUB C.D. GUIJUELO
ATHLETIC CLUB B ZAMORA C.F.
BARAKALDO C.F. RACING CLUB DE FERROL, SAD
S.D. EIBAR, SAD S.D. COMPOSTELA, SAD
C. ATº. OSASUNA B C.D. LUGO

Xornada: 16 - Data: 06/12/2009

PONTEVEDRA C.F. SAD C. ATº. OSASUNA B
C.D. IZARRA R.C. CELTA DE VIGO B
S.D. LEMONA S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. S.D. PONFERRADINA
CULT. Y DVA. LEONESA C.F. PALENCIA
C.D. GUIJUELO C.D. MIRANDES
ZAMORA C.F. SESTAO RIVER CLUB
RACING CLUB DE FERROL, SAD ATHLETIC CLUB B
S.D. COMPOSTELA, SAD BARAKALDO C.F.
C.D. LUGO S.D. EIBAR, SAD

Xornada: 17 - Data: 13/12/2009

PONTEVEDRA C.F. SAD C.D. IZARRA
R.C. CELTA DE VIGO B S.D. LEMONA
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
S.D. PONFERRADINA CULT. Y DVA. LEONESA
C.F. PALENCIA C.D. GUIJUELO
C.D. MIRANDES ZAMORA C.F.
SESTAO RIVER CLUB RACING CLUB DE FERROL, SAD
ATHLETIC CLUB B S.D. COMPOSTELA, SAD
BARAKALDO C.F. C.D. LUGO
C. ATº. OSASUNA B S.D. EIBAR, SAD

Xornada: 18 - Data: 20/12/2009

C. ATº. OSASUNA B C.D. IZARRA
S.D. LEMONA PONTEVEDRA C.F. SAD
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. R.C. CELTA DE VIGO B
CULT. Y DVA. LEONESA S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
C.D. GUIJUELO S.D. PONFERRADINA
ZAMORA C.F. C.F. PALENCIA
RACING CLUB DE FERROL, SAD C.D. MIRANDES
S.D. COMPOSTELA, SAD SESTAO RIVER CLUB
C.D. LUGO ATHLETIC CLUB B
S.D. EIBAR, SAD BARAKALDO C.F.

Xornada: 19 - Data: 03/01/2010

C.D. IZARRA S.D. LEMONA
PONTEVEDRA C.F. SAD DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
R.C. CELTA DE VIGO B CULT. Y DVA. LEONESA
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO C.D. GUIJUELO
S.D. PONFERRADINA ZAMORA C.F.
C.F. PALENCIA RACING CLUB DE FERROL, SAD
C.D. MIRANDES S.D. COMPOSTELA, SAD
SESTAO RIVER CLUB C.D. LUGO
ATHLETIC CLUB B S.D. EIBAR, SAD
BARAKALDO C.F. C. ATº. OSASUNA B

Xornada: 20 - Data: 10/01/2010

ATHLETIC CLUB B BARAKALDO C.F.
SESTAO RIVER CLUB S.D. EIBAR, SAD
C.D. MIRANDES C.D. LUGO
C.F. PALENCIA S.D. COMPOSTELA, SAD
S.D. PONFERRADINA RACING CLUB DE FERROL, SAD
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO ZAMORA C.F.
R.C. CELTA DE VIGO B C.D. GUIJUELO
PONTEVEDRA C.F. SAD CULT. Y DVA. LEONESA
C.D. IZARRA DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
S.D. LEMONA C. ATº. OSASUNA B

Xornada: 21 - Data: 17/01/2010

C. ATº. OSASUNA B ATHLETIC CLUB B
BARAKALDO C.F. SESTAO RIVER CLUB
S.D. EIBAR, SAD C.D. MIRANDES
C.D. LUGO C.F. PALENCIA
S.D. COMPOSTELA, SAD S.D. PONFERRADINA
RACING CLUB DE FERROL, SAD S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
ZAMORA C.F. R.C. CELTA DE VIGO B
C.D. GUIJUELO PONTEVEDRA C.F. SAD
CULT. Y DVA. LEONESA C.D. IZARRA
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. S.D. LEMONA

Xornada: 22 - Data: 24/01/2010

SESTAO RIVER CLUB ATHLETIC CLUB B
C.D. MIRANDES BARAKALDO C.F.
C.F. PALENCIA S.D. EIBAR, SAD
S.D. PONFERRADINA C.D. LUGO
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO S.D. COMPOSTELA, SAD
R.C. CELTA DE VIGO B RACING CLUB DE FERROL, SAD
PONTEVEDRA C.F. SAD ZAMORA C.F.
C.D. IZARRA C.D. GUIJUELO
S.D. LEMONA CULT. Y DVA. LEONESA
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. C. ATº. OSASUNA B

Xornada: 23 - Data: 31/01/2010

C. ATº. OSASUNA B SESTAO RIVER CLUB
ATHLETIC CLUB B C.D. MIRANDES
BARAKALDO C.F. C.F. PALENCIA
S.D. EIBAR, SAD S.D. PONFERRADINA
C.D. LUGO S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
S.D. COMPOSTELA, SAD R.C. CELTA DE VIGO B
RACING CLUB DE FERROL, SAD PONTEVEDRA C.F. SAD
ZAMORA C.F. C.D. IZARRA
C.D. GUIJUELO S.D. LEMONA
CULT. Y DVA. LEONESA DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.

Xornada: 24 - Data: 07/02/2010

C.D. MIRANDES SESTAO RIVER CLUB
C.F. PALENCIA ATHLETIC CLUB B
S.D. PONFERRADINA BARAKALDO C.F.
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO S.D. EIBAR, SAD
R.C. CELTA DE VIGO B C.D. LUGO
PONTEVEDRA C.F. SAD S.D. COMPOSTELA, SAD
C.D. IZARRA RACING CLUB DE FERROL, SAD
S.D. LEMONA ZAMORA C.F.
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. C.D. GUIJUELO
CULT. Y DVA. LEONESA C. ATº. OSASUNA B

Xornada: 25 - Data: 14/02/2010

C. ATº. OSASUNA B C.D. MIRANDES
SESTAO RIVER CLUB C.F. PALENCIA
ATHLETIC CLUB B S.D. PONFERRADINA
BARAKALDO C.F. S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
S.D. EIBAR, SAD R.C. CELTA DE VIGO B
C.D. LUGO PONTEVEDRA C.F. SAD
S.D. COMPOSTELA, SAD C.D. IZARRA
RACING CLUB DE FERROL, SAD S.D. LEMONA
ZAMORA C.F. DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
C.D. GUIJUELO CULT. Y DVA. LEONESA

Xornada: 26 - Data: 21/02/2010

C.F. PALENCIA C.D. MIRANDES
S.D. PONFERRADINA SESTAO RIVER CLUB
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO ATHLETIC CLUB B
R.C. CELTA DE VIGO B BARAKALDO C.F.
PONTEVEDRA C.F. SAD S.D. EIBAR, SAD
C.D. IZARRA C.D. LUGO
S.D. LEMONA S.D. COMPOSTELA, SAD
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. RACING CLUB DE FERROL, SAD
CULT. Y DVA. LEONESA ZAMORA C.F.
C.D. GUIJUELO C. ATº. OSASUNA B

Xornada: 27 - Data: 28/02/2010

C. ATº. OSASUNA B C.F. PALENCIA
C.D. MIRANDES S.D. PONFERRADINA
SESTAO RIVER CLUB S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
ATHLETIC CLUB B R.C. CELTA DE VIGO B
BARAKALDO C.F. PONTEVEDRA C.F. SAD
S.D. EIBAR, SAD C.D. IZARRA
C.D. LUGO S.D. LEMONA
S.D. COMPOSTELA, SAD DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
RACING CLUB DE FERROL, SAD CULT. Y DVA. LEONESA
ZAMORA C.F. C.D. GUIJUELO

Xornada: 28 - Data: 07/03/2010

S.D. PONFERRADINA C.F. PALENCIA
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO C.D. MIRANDES
R.C. CELTA DE VIGO B SESTAO RIVER CLUB
PONTEVEDRA C.F. SAD ATHLETIC CLUB B
C.D. IZARRA BARAKALDO C.F.
S.D. LEMONA S.D. EIBAR, SAD
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. C.D. LUGO
CULT. Y DVA. LEONESA S.D. COMPOSTELA, SAD
C.D. GUIJUELO RACING CLUB DE FERROL, SAD
ZAMORA C.F. C. ATº. OSASUNA B

Xornada: 29 - Data: 14/03/2010

C. ATº. OSASUNA B S.D. PONFERRADINA
C.F. PALENCIA S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
C.D. MIRANDES R.C. CELTA DE VIGO B
SESTAO RIVER CLUB PONTEVEDRA C.F. SAD
ATHLETIC CLUB B C.D. IZARRA
BARAKALDO C.F. S.D. LEMONA
S.D. EIBAR, SAD DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
C.D. LUGO CULT. Y DVA. LEONESA
S.D. COMPOSTELA, SAD C.D. GUIJUELO
RACING CLUB DE FERROL, SAD ZAMORA C.F.

Xornada: 30 - Data: 21/03/2010

S.D. CIUDAD DE SANTIAGO S.D. PONFERRADINA
R.C. CELTA DE VIGO B C.F. PALENCIA
PONTEVEDRA C.F. SAD C.D. MIRANDES
C.D. IZARRA SESTAO RIVER CLUB
S.D. LEMONA ATHLETIC CLUB B
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. BARAKALDO C.F.
CULT. Y DVA. LEONESA S.D. EIBAR, SAD
C.D. GUIJUELO C.D. LUGO
ZAMORA C.F. S.D. COMPOSTELA, SAD
RACING CLUB DE FERROL, SAD C. ATº. OSASUNA B

Xornada: 31 - Data: 28/03/2010

C. ATº. OSASUNA B S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
S.D. PONFERRADINA R.C. CELTA DE VIGO B
C.F. PALENCIA PONTEVEDRA C.F. SAD
C.D. MIRANDES C.D. IZARRA
SESTAO RIVER CLUB S.D. LEMONA
ATHLETIC CLUB B DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
BARAKALDO C.F. CULT. Y DVA. LEONESA
S.D. EIBAR, SAD C.D. GUIJUELO
C.D. LUGO ZAMORA C.F.
S.D. COMPOSTELA, SAD RACING CLUB DE FERROL, SAD

Xornada: 32 - Data: 04/04/2010

R.C. CELTA DE VIGO B S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
PONTEVEDRA C.F. SAD S.D. PONFERRADINA
C.D. IZARRA C.F. PALENCIA
S.D. LEMONA C.D. MIRANDES
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. SESTAO RIVER CLUB
CULT. Y DVA. LEONESA ATHLETIC CLUB B
C.D. GUIJUELO BARAKALDO C.F.
ZAMORA C.F. S.D. EIBAR, SAD
RACING CLUB DE FERROL, SAD C.D. LUGO
S.D. COMPOSTELA, SAD C. ATº. OSASUNA B

Xornada: 33 - Data: 11/04/2010

C. ATº. OSASUNA B R.C. CELTA DE VIGO B
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO PONTEVEDRA C.F. SAD
S.D. PONFERRADINA C.D. IZARRA
C.F. PALENCIA S.D. LEMONA
C.D. MIRANDES DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
SESTAO RIVER CLUB CULT. Y DVA. LEONESA
ATHLETIC CLUB B C.D. GUIJUELO
BARAKALDO C.F. ZAMORA C.F.
S.D. EIBAR, SAD RACING CLUB DE FERROL, SAD
C.D. LUGO S.D. COMPOSTELA, SAD

Xornada: 34 - Data: 14/04/2010

PONTEVEDRA C.F. SAD R.C. CELTA DE VIGO B
C.D. IZARRA S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
S.D. LEMONA S.D. PONFERRADINA
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. C.F. PALENCIA
CULT. Y DVA. LEONESA C.D. MIRANDES
C.D. GUIJUELO SESTAO RIVER CLUB
ZAMORA C.F. ATHLETIC CLUB B
RACING CLUB DE FERROL, SAD BARAKALDO C.F.
S.D. COMPOSTELA, SAD S.D. EIBAR, SAD
C.D. LUGO C. ATº. OSASUNA B

Xornada: 35 - Data: 18/04/2010

C. ATº. OSASUNA B PONTEVEDRA C.F. SAD
R.C. CELTA DE VIGO B C.D. IZARRA
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO S.D. LEMONA
S.D. PONFERRADINA DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
C.F. PALENCIA CULT. Y DVA. LEONESA
C.D. MIRANDES C.D. GUIJUELO
SESTAO RIVER CLUB ZAMORA C.F.
ATHLETIC CLUB B RACING CLUB DE FERROL, SAD
BARAKALDO C.F. S.D. COMPOSTELA, SAD
S.D. EIBAR, SAD C.D. LUGO

Xornada: 36 - Data: 25/04/2010

C.D. IZARRA PONTEVEDRA C.F. SAD
S.D. LEMONA R.C. CELTA DE VIGO B
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
CULT. Y DVA. LEONESA S.D. PONFERRADINA
C.D. GUIJUELO C.F. PALENCIA
ZAMORA C.F. C.D. MIRANDES
RACING CLUB DE FERROL, SAD SESTAO RIVER CLUB
S.D. COMPOSTELA, SAD ATHLETIC CLUB B
C.D. LUGO BARAKALDO C.F.
S.D. EIBAR, SAD C. ATº. OSASUNA B

Xornada: 37 - Data: 02/05/2010

C.D. IZARRA C. ATº. OSASUNA B
PONTEVEDRA C.F. SAD S.D. LEMONA
R.C. CELTA DE VIGO B DEPORTIVO ALAVES, S.A.D.
S.D. CIUDAD DE SANTIAGO CULT. Y DVA. LEONESA
S.D. PONFERRADINA C.D. GUIJUELO
C.F. PALENCIA ZAMORA C.F.
C.D. MIRANDES RACING CLUB DE FERROL, SAD
SESTAO RIVER CLUB S.D. COMPOSTELA, SAD
ATHLETIC CLUB B C.D. LUGO
BARAKALDO C.F. S.D. EIBAR, SAD

Xornada: 38 - Data: 09/05/2010

S.D. LEMONA C.D. IZARRA
DEPORTIVO ALAVES, S.A.D. PONTEVEDRA C.F. SAD
CULT. Y DVA. LEONESA R.C. CELTA DE VIGO B
C.D. GUIJUELO S.D. CIUDAD DE SANTIAGO
ZAMORA C.F. S.D. PONFERRADINA
RACING CLUB DE FERROL, SAD C.F. PALENCIA
S.D. COMPOSTELA, SAD C.D. MIRANDES
C.D. LUGO SESTAO RIVER CLUB
S.D. EIBAR, SAD ATHLETIC CLUB B
C. ATº. OSASUNA B BARAKALDO C.

14 de xullo de 2009

www.siareirasgalegas.org/

O passado fim-de-semana reunírom-se na capital da Galiza membros do nosso colectivo para concretarem novas iniciativas a favor das selecçons nacionais galegas.

Perante à ofensiva espanholista da Junta do PP que chega também ao ámbito desportivo o nosso colectivo propom a organizaçom de actividades populares tanto de formaçom e lazer como de reivindicaçom.

Assim, após as declaraçons do novo Secretário Geral de Desportos, um homem que nem é galego e que nom tem nengum tipo de complexos à hora de dizer que de selecçons galegas nada, o PP e o pro-espanhol presidente da Federaçom Galega de Futebol cozinhárom a organizaçom do jogo da selecçom imperialista espanhola na nossa Terra.

Porém, se o PP pretendia que fóssemos ficar calados estava muito enganado.

Siareir@s está a preparar umhas jornadas na cidade de Vigo para o dia 29 de Agosto em que se promoverá o desporto popular galego, a formaçom com a organizaçom de palestras e um concerto em apoio às selecçons galegas.

Aliás, para o dia 5 de Setembro, dia do jogo de Espanha na Corunha, Siareir@s convocará umha manifestaçom para exigir à volta da selecçom galega e para mostrar à sua repulsa à presença da selecçom espanhola na Galiza.

Mais umha vez vemos enquanto o nacionalismo espanhol representado polo Partido Popular, nom tem nengum tipo de vergonha à hora de marginar todo o que cheire a galego e primar o que seja castelhano-espanhol, o nacionalismo galego recém saído do governo media e mede cada palavra em relaçom à oficialidade das nossas selecçons e promovia eventos espanhóis como a Vuelta ciclista em troca de apostar sem complexos polo desporto nacional galego. Umha boa liçom que se calhar ajuda aos de Guilherme Vasques a nom perderem votos no futuro...

TRATORADA EM LUGO


Os três sindicatos agrários (SLG, UUAA e XXAA) e também a associaçom de cooperativas (AGACA) convocam para toda esta semana, do 13 ao 17 de julho, mobilizaçons conjuntas para reinvindicar um preço justo para o leite e garantia de recolhida nas explotaçons. A tratorada será às cidades de Lugo e Compostela.

Continua:

As condiçons nas que vivem as familias com explotaçons de leite é dramática sendo um sector económico do que dependem muitas comarcas rurais da Galiza, e Lugo de jeito especial. Desde 1986 em que o Estado espanhol entrasse na UE sofreu umha brutal reconversom, a meados dos oitenta, perto de cem mil familias galegas eram donas de explotaçons leiteiras, hoje o seu número é de pouco mais de dez mil.

Nos anos oitenta as tratoradas fôrom a medida de pressom que os labregos e labregas empregarom para luitar contra a quota de produçom. Hoje volta a tratorada porque os preços do leite seguem baixando e levam meses por embaixo dos custos de produçom.

ADIANTE A TRATORADA

11 de xullo de 2009

PRETEMPORADA 09

Achégamosvos os encontros que o Lugo disputará na pretemporada:

7 de xullo de 2009

GRUPO I SEGUNDA B

Este serán os equipos cos que o Lugo se enfrontará na vindeira tempada:

GRUPO 1

Barakaldo Club de Fútbol
Racing Club de Ferrol
Deportivo Alavés
Sociedad Deportiva Ponferradina
Cultural y Deportiva Leonesa
Sociedad Deportiva Lemona
Club Deportivo Izarra
Club Deportivo Mirandés
Sociedad Deportiva Eibar
Pontevedra Club de Fútbol
Club Deportivo Lugo
Sociedad Deportiva Compostela
Club Atlético Osasuna B
Bilbao Athletic
Zamora Club de Fútbol
Club Deportivo Guijuelo
Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago
Club de Fútbol Palencia
Real Club Celta de Vigo B
Sestao River Club

No grupo 1 da Segunda B da próxima tempada encontraranse os equipos galegos, vascos e castelaleoneses. Galiza contará contará con 7 equipos na Segunda B (Lugo, Pontevedra, Cidade, Compostela, Racing e Ponferradina) que serán acompañados por 8 equipos de Euskal Herria e 5 de Castela-León.
Aparentemente estamos no grupo máis difícil da Segunda B mais encontramonos nun grupo moi interesante a nivel de grada e desplazamentos. Este ano esperamos quitarnola a espiña de non viaxar nunca a Euskal Herria e poder desplazarnos ata Eibar e Gasteiz, e dependendo da situación do noso equipo nas restantes cidades da Segunda B de Euskal Herria. Alegramonos tamén de poder voltar a Ponferrada na vindeira tempada.

6 de xullo de 2009

FICHAXES E RENOVACIÓNS

O posto de porteiro será ocupada na vindeira tempada por Miguel Escalona que esta tempada militou nas filas do Guijuelo, xogador formado en Lezama tamen estivo no Baskonia, Rácing de Ferrol, Logroñés CF e Mazarrón.
Para reforzar a banda dereita o Lugo incorporou a Cristóbal xogador esta tempada do Alzira. Cristóbal pode xogar tanto de lateral dereito como de extremo. Tamén militou en equipos coma o Celta B, Zamora, Gramenet e Cultural Leonesa.
O CD Lugo renovou os contratos do "Chino" Losada, o ourensán Manu e Rubén Arroyo.

NOVA EQUIPACION DO CD LUGO

Esta será a nova equipación do CD Lugo para a tempada 2009/2010 que contará coa primeira equipación tradicional (camiseta con raias vermellas e brancas e pantalón azul) e como curiosidade a segunda equipación o lugo será de cor marrón, algo inusual no mundo do fútbol onde só o St. Pauli conta cunha equipación marrón. Como curiosidade o St. Pauli é o único equipo declarada institucionalmente antirracista e antifascista.
O Lugo terá como logotipo Profilatex (preservativos producidos por Laboratorios Nupel) terá bastante mais sentido este ano cando se entone o cántico de "Lugo bótalle ovos".
Unha novidade que se presenta nas camisolas é a aparición da bandeira galega por detrás, cando moitos equipos como Madrid, Sevilla e Cultural Leonesa na nosa categoría amosan a rojigualda nós levaremos polos campos da Segunda B adiante a bandeira do noso país.

25 de xuño de 2009

O PXOM de Lugo permite a recualificación de 500 mil metros cadrados na zona do campo de golf




O PXOM lucense foi aprobado en pleno polo Concello de Lugo o pasado 23 de xaneiro, cos votos a favor de PSOE e PP e coa oposición do BNG. Onde incluía a a recualificación de 500 mil metros cadrados, a maior parte poboados por carballeiras, nas inmediacións do campo de golf.
Esquerda Unida pediu a pasada semana á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a súa correción.

Beneficiarios
Se Medio Ambiente acepta pasar o PXOM tal e como foi aprobado por socialistas e populares, dous grupos sairían fondamente beneficiados: por unha banda, os propietarios das fincas, que aumentarían de xeito exponencial o valor das súas propiedades -dende EU apúntase que xa está proxectada unha urbanización de chalés e un hotel de luxo; e polo outro, os membros do Club de Golf con participación económica, que verían incrementar o valor venal do seu capital na sociedade.
Encontramonos ante un pelotazo en toda regla por parte do Sr. Orozco e apoiado polo grupo local do PP. Non debemos permitir que a nosa cidade sexa fruto de este tipo de actos especulativos onde queren arrasar coas carballeiras que é un dos maiores símbolos do patrimonio galego.
OROZCO ESPECULADOR!!!
PP, P$OE O MESMO CAN CON DISTINTO COLAR!!!
SACHEMOS OS CAMPOS DE GOLF!!!